Alberto del Moral Saelices, nado en Villacañas (Toledo) o 20 de xullo de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Real Oviedo.

Traxectoria Nado en Villacañas, na provincia de Toledo, comezou a practicar varios deportes nas escolas deportivas do seu pobo, decantándose finalmente polo fútbol. Tras un breve paso polo equipo cadete do Unión Adarve, regresou á súa localidade natal e e ingresou no xuvenil do CD Villacañas. Con só 16 anos pasou xa ao primeiro equipo en Preferente e conseguiu o ascenso a Terceira División sendo o máximo goleador.

En 2017, con 17 anos, ingresou nas categorías xuvenís do Córdoba CF e o 14 de abril de 2019 debutou co filial na Terceira División, nunha derrota por 3-0 ante o Betis Deportivo. Comezou a tempada 2020/21 nas filas do primeiro equipo, na Segunda División B.

En xuño de 2021 pasou ao Villarreal B, da mesma categoría. Foi titular na maioría de partidos da campaña 2021/22, na que o equipo amarelo logrou o ascenso a Segunda División. Debutou na categoría de prata o 14 de agosto de 2022, nunha vitoria por 0-2 ante o Racing de Santander no Sardinero.

O 30 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo do Villarreal na Primeira División, nun partido ante o Athletic de Bilbao no que substituíu nos minutos finais a Dani Parejo.

O 8 de xullo de 2024 asinou un contrato de tres anos co Real Oviedo, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Real Oviedo