O lago Villarino é un lago arxentino situado no departamento Lácar, na provincia de Neuquén .

Toponimia Debe o seu nome ao mariñeiro e explorador galego Basilio Vilariño (ou Villarino), que nos últimos anos do século XVIII explorou a conca do río Limay, á que pertence o lago. Porén, é case seguro que nunca visitou o lago que actualmente leva o seu nome.

Xeografía Protexidas polo Parque Nacional Nahuel Huapi, as súas costas están cubertas por un denso bosque andino patagón, en moi bo estado de conservación. Nas súas beiras abundan o coihue, a lenga e o mirto, mentres que nas augas do lago son numerosos os salmónidos, especialmente varias especies de troitas que atraen a moitos visitantes para practicar a pesca deportiva.

Este lago desauga a través dunha estreita canle, o río Villarino, duns 300 m de lonxitude, ata o lago Falkner. Desde este lago, as súas augas desembocan no río Filo Hua Hum, afluente do Caleufú, que é á súa vez é afluente do río Collón Curá, cuxas augas van dar ao río Limay.

Categoría:Lagos da Arxentina