A orosomucoide (ORM) ou alfa-1-glicoproteína ácida (α1AGp, AGP ou AAG) é unha proteína de fase aguda atopada no plasma sanguíneo. É unha glicoproteína alfa-globulina que é modulada por dous xenes polimórficos. Sintetízase principalmente en hepatocitos e ten unha concentración normal en plasma de entre 0,6 e 1,2 mg/mL (1–3 % das proteínas plasmáticas). Os seus niveis no plasma vense afectados polo embarazo, queimaduras, certos fármacos e determinadas doenzas, especialmente a infección por VIH.
A única función establecida da ORM é actuar como carrexadora de compostos lipófilos con carga neutra. En medicina, coñécese como principal transportadora de fármacos básicos, é dicir, cargados negativamente (mentres que a albumina sérica transporta fármacos ácidos, é dicir, cargados positivamente, e neutros), esteroides e inhibidores da protease. O envellecemento causa un pequeno decrecemento nos niveis de albumina no plasma; se acaso, hai un pequeno incremento da orosomucoide (alfa-1-glicoproteína ácida). O efecto destes cambios sobre a unión a proteínas de fármacos e a entrega de fármacos no seu destino corporal; porén, este parece ser mínimo. A ORM mostra unha interacción complexa coa homeostase da tiroide: observouse que a ORM (ou AGP) en baixas concentracións estimula o receptor da tirotropina (TSH) e a acumulación intracelular de AMP cíclico. Porén, as altas concentracións de ORM inhibían a sinalización de TSH.
A orosomucoide foi identificada como un dos catro biomarcadores circulantes potencialmente útiles para estimar o risco en cinco anos da mortalidade por todas as causas (os outros tres son a albumina sérica, o tamaño de partícula da lipoproteína de moi baixa densidade, e o citrato).
A orosomucoide incrementa a súa cantidade na ictericia obstrutiva, diminúe na ictericia hepatocelular e en infeccións intestinais.CAMERON, E., CAMPBELL, A., & PLENDERLEITH, W. (1961). Seromucoid in the diagnosis of jaundice. Scottish medical journal, 6, 308–310. . DOI: 10.1177/003693306100600703Padolecchia, N., Maggi, S., Fasano, V., Trotta, M., De Ceglie, N., & Rotunno, F. (1968). Frazionamento delle beta-lipoproteine del siero di soggetti con ittero epatocellulare e da stasi mediante gel fitrazione su colonna di agarosio. Bollettino della Societa italiana di biologia sperimentale, 44(18), 1533–1535.
Véxase tamén Outros artigos Deficiencia de alfa-1 antitripsina Alfa-1 antitripsina
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Glicoproteínas Categoría:Bioloxía molecular Categoría:Proteómica