miniatura|Paralelepípedo mostrando os nomes das súas medidas. miniatura|Paralelepípedo oblícuo. Vectores e volume. Un paralelepípedo é un poliedro de seis caras, en que cada unha delas é un paralelogramo, que son paralelos e iguais dous a dous.

Tipos de paralelepípedos

Un paralelepípedo oblicuo é o que ningunha das súas arestas é perpendicular ás caras. Un paralelepípedo recto é aquel que ten algunha das arestas perpendiculares a un par de caras. É tamén un prisma, no que as súas bases son paralelogramos.

Casos particulares

Un paralelepípedo no que todas as súas bases son rectángulos, e por iso todas as súas caras son perpendiculares a unha a outra, é un ortoedro. É un tipo particular de paralelepípedo recto. Un paralelepípedo no que todas as súas caras son rombos denomínase romboedro. Un paralelepípedo no que todas as súas bases son cadradas é un hexaedro regular ou cubo.

Paralelótopo

Coxeter chamou paralelótopo á xeneralización dun paralelepípedo en dimensións máis altas. Na literatura moderna, o termo paralelepípedo utilízase a miúdo tamén en dimensións superiores (ou finitas arbitrarias).Morgan, C. L. (1974). Embedding metric spaces in Euclidean space. Journal of Geometry, 5(1), 101–107. https://doi.org/10.1007/bf01954540

Concretamente no espazo n-dimensional chámase paralelótopo n-dimensional, ou simplemente -paralelótopo (ou -paralelepípedo). Así, un paralelogramo é un 2-paralelótopo e un paralelepípedo é un 3-paralelótopo.

As diagonais dun n-paralelótopo córtanse nun punto e están cortadas por este punto. A Inversión neste punto deixa o n-paralelótopo sen mudanzas. Vexa tamén Puntos fixos de grupos de isometría no espazo euclidiano. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Terminoloxía matemática do SNL da Universidade da Coruña

Categoría:Xeometría