Wanda LaVonne Jackson, nada en Maud (Oklahoma) o 20 de outubro de 1937, é unha cantante e compositora estadounidense. Desde a década de 1950, gravou e publicou música de xénero rock, country e gospel. Foi unha das primeiras mulleres en ter unha carreira no rock and roll, gravando unha serie de sinxelos da década de 1950 que fixo que recibise o alcume de "The Queen of Rockabilly". Tamén está contada entre as primeiras estrelas femininas do xénero da música country.

Traxectoria Jackson comezou a actuar cando era nena e máis tarde tivo o seu propio programa de radio en Oklahoma City. Despois foi descuberta polo cantante country Hank Thompson, quen a axudou a conseguir un contrato de gravación con Decca Records en 1954. En Decca, Jackson tivo o seu primeiro éxito coa canción country "You Can't Have My Love". O anos seguinte comezou a xira con Elvis Presley. Os dous saíron xuntos brevemente e Presley animouna a gravar ao estilo rockabilly. En 1956, Jackson asinou con Capitol Records onde se tivo permiso total para gravar country e rockabilly. A discográfica lanzou unha serie de sinxelos de rock de Jackson, incluíndo "Fujiyama Mama", "Mean Mean Man" e o éxito do top 40 "Let's Have a Party".

Na década de 1960, Jackson volveu ao xénero country e tivo varios sinxelos durante a década. Isto incluíu "Right or Wrong", "In the Middle of a Heartache", "Tears Will Be the Chaser for Your Wine" e "A Woman Lives for Love". Ademais, tamén gravou varias compilacións en lingua alemá para o mercado exerior. En 1965, o sinxelo alemán "Santo Domingo" alcanzou o número un na lista pop austríaca. Despois de redescubrir o cristianismo en 1971, Jackson fixo da música gospel unha prioridade na súa carreira. Deixou Capitol Records en 1973 e asinou con Word Records para centrarse máis no circuíto do gospel. Durante as dúas décadas seguintes, lanzou unha serie de discos neste xénero.

En 1984, os promotores europeos buscaron a Jackson para facer unha xira no exterior. O mesmo ano, publicou o seu primeiro álbum de rock en dúas décadas e lanzou unha nova carreira no xénero. Na década de 1990, os seus discos de rock foron notados de novo polo público estadounidense e comezou a xirar xunto á artista rockabilly Rosie Flores. Durante este período, publicou varios álbums comercialmente aclamados no estilo rock and roll, incluíndo Heart Trouble (2003) e I Remember Elvis (2006). Despois da súa incorporación en 2009 ao Rock and Roll Hall of Fame, Jackson colaborou co músico Jack White para gravar o éxito comercial The Party Ain't Over. Durante varios anos, mantivo unha atareada axenda de xiras antes de anunciar a súa retirada dos concertos en 2019. En 2021 lanzou o seu 32.º e último proxecto de estudo, Encore.

Discografía

Wanda Jackson (1958) Rockin' with Wanda (1960) There's a Party Goin' On (1961) Right or Wrong (1961) Wonderful Wanda (1962) Love Me Forever (1963) Two Sides of Wanda (1964) Blues in My Heart (1965) Wanda Jackson Sings Country Songs (1965) Wanda Jackson Salutes the Country Music Hall of Fame (1966) Reckless Love Affair (1967) You'll Always Have My Love (1967) Cream of the Crop (1968) The Many Moods of Wanda Jackson (1968) The Happy Side of Wanda (1969) Wanda Jackson Country! (1970) A Woman Lives for Love (1970) I've Gotta Sing (1971) Praise the Lord (1972) I Wouldn't Want You Any Other Way (1972) Country Gospel (1973) Country Keepsakes (1973) When It's Time to Fall in Love Again (1974) Now I Have Everything (1975) Make Me Like a Child Again (1976) Closer to Jesus (1977) Good Times (1980) Show Me the Way to Calvary (1981) Let's Have a Party (1982) My Kind of Gospel (1983) Rockabilly Fever (1984) Teach Me to Love (1984) Let's Have a Party in Prague (1987, con Karel Zich) Classy Country (1988) Encore (1988) Don't Worry Be Happy (1989) Goin' on with My Jesus (1991) Rock & Roll-ra Hívlak! (1992, con Dolly Roll) Generations (Of Gospel Music) (1993) Let's Have a Party (1995) The Queen of Rock' a 'Billy (1997) Heart Trouble (2003) I Remember Elvis (2006) The Party Ain't Over (2011) Unfinished Business (2012) Encore (2021)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial Entrevista en Voices of Oklahoma Wanda Jackson no Rock and Roll Hall of Fame Wanda Jackson en History of Rock.com Entrevista en NAMM Oral History Collection (2006)

Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1937 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América