Anton Szandor LaVey, nado como Howard Stanton Levey en Chicago (Illinois) o 22 de febreiro de 1930 e finado en San Francisco (California) o 29 de outubro de 1997, foi un escritor, músico e ocultista de ascendencia estadounidense e xudía, fillo dun reverendo cristián protestante. Fundou a Igrexa de Satán e escribiu varios libros, entre eles a Biblia Satánica, The Satanic Witch, The Devil's Notebook e Satan Speaks! e fundou o satanismo, un sistema sintetizado da súa comprensión da natureza humana e das ideas dos filósofos que avogaban polo materialismo e o individualismo, polo que non se reivindica ningunha inspiración sobrenatural ou teísta.
Afirmou que hai tres datas especiais para os satánicos: o propio aniversario de cada un, o Walpurguisnatch e halloween, celebrado o 31 de outubro, considerado día de triunfo para os satánicos, xa que é a data en que se fragmentou a igrexa católica, considerada como a igrexa fundada por Cristo.
Traxectoria Anton Lavey era fillo de Gertrude Augusta Levey e de Michael Joseph Levey un pastor protestante, de antepasados xeorxianos e, segundo contaba el, xitanos e romaneses. O seu verdadeiro nome era Howard Stanton Levey, e máis tarde chamouse Anton Szandor LaVey. Cando estaba no instituto comezaron a xurdir nel as bases dos seus ideais satánicos.
LaVey era amigo dunha serie de escritores asociados á revista Weird Tales; unha foto del con George Haas, Robert Barbour Johnson (que coñeceu no circo como domador de animais e pintor de escenas do entroido) e Clark Ashton Smith aparece na biografía de Blanche Barton, The Secret Life of a Satanist.
En 1950, LaVey coñeceu a Carole Lansing e casaron o ano seguinte, cando Lansing tiña quince anos. Lansing deu a luz a primeira filla de LaVey, Karla LaVey en 1952. En 1960 separáronse despois de que LaVey se relacionase con Diane Hegarty. Hegarty e LaVey nunca casaron, mais foron compañeiros moitos anos e tiveron unha filla, Zeena Galatea Schreck, en 1963.
Acabou por se tornar nunha celebridade local a través das súas actuacións paranormais e como organista, mesmo tocando o Wurlitzer no salón de cocktails Lost Weekend, atraendo moitos famosos de San Francisco para as súas festas. Entre os convidados estaban Carin Plessin, Michael Harner, Chester A. Arthur III, Forrest J. Ackerman, Fritz Leiber, Cecil E. Nixon e Kenneth Anger. LaVey formou un grupo chamado a Orde do Trapecio (Order of the Trapezoid), que posteriormente evolucionou ao cadro directivo da Igrexa de Satán.
Anton LaVey finou en 1997 por mor dun edema pulmonar no St. Mary's Medical Center.
Igrexa de Satán A Igrexa de Satán foi fundada o 30 de abril de 1966 por Anton LaVey, e foi a primeira organización na historia que abertamente está dedicada á profesión do que os seus adeptos din que é a verdadeira natureza do ser humano: unha besta carnal que vive nun cosmos, o cal está permeado e motivado por forzas escuras, as que chaman Satán. Este grupo afirma que a través do transcurso do tempo, o ser humano chamou a esta forza por nomes diferentes e foi rexeitada por aqueles aos que a súa propia natureza os incita a apartarse da fonte da existencia.
Obras Bibliografía The Satanic Bible. (Avon, 1969, ISBN 0-380-01539-0) The Compleat Witch ou What to do When Virtue Fails (Dodd, Mead, 1971, ISBN 0-396-06266-0); reeditado como The Satanic Witch (Feral House, 1989, ISBN 0-922915-00-8) The Satanic Rituals (Avon, 1972, ISBN 0-380-01392-4) The Devil's Notebook. Kenneth Anger e Anton Szandor LaVey (Feral House, 1992, ISBN 0-922915-11-3) Satan Speaks!, introdución de Blanche Barton e prólogo de Marilyn Manson (Feral House, 1998, ISBN 0-922915-66-0) Gravacións «The Satanic Mass», LP (Murgenstrumm Records, 1968; CD remasterizado cunha pista extra, «Hymn of the Satanic Empire, or The Battle Hymn of the Apocalypse» (Amarillo Records, 1994); Mephisto Media, 2001) «Answer Me/Honolulu Baby», sinxelo de 7" (Amarillo Records, 1993) «Strange Music», 10" EP (Amarillo Records, 1994) Satan Takes A Holiday, CD (Amarillo Records, 1995)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anton Szandor LaVey: A Biographical Sketch por Magus Peter H. Gilmore, na páxina oficial da Igrexa de Satán Anton Lavey por Alex Burns en disinformation. People of Significance entry for LaVey Esbozo biográfico centrado en particular na súa influencia sobre Marilyn Manson, tomado de "Spin magazine" (febreiro de 1998, páx. 64).
Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América