The Undertones é unha banda de rock formada en Derry, Irlanda do Norte, en 1974. Dende 1975 ata 1983, The Undertones estivo composta por Feargal Sharkey (voces), John O'Neill (guitarra rítmica, voces), Damian O'Neill (guitarra solista, voces), Michael Bradley (baixo, voces) e Billy Doherty (batería).Teenage Kicks: My Life as an Undertone ISBN 978-1-78558-180-9 p. 55 Gran parte do primeiro material de The Undertones tiña influencia do punk rock e do new wave; The Undertones tamén incorporaron elementos de rock, glam rock e post-punk ao material lanzado despois de 1979, antes de citar o soul e a Motown como a influencia para o material lanzado no seu álbum final.Teenage Kicks: My Life as an Undertone ISBN 978-1-78558-180-9 pp. 207-208 The Undertones lanzaron trece sinxelos e catro álbums de estudo entre 1978 e 1983, antes de que Sharkey anunciase a súa intención de deixar a banda en maio de 1983, citando diferenzas musicais como o motivo da ruptura.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Undertones 1979 Sire Records Hypnotised 1980 Sire Records Positive Touch 1981 Ardeck The Sin of Pride 1983 Ardeck Get What You Need 2003 Sanctuary Records Dig Yourself Deep 2007 Cooking Vinyl

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Irlanda do Norte Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais formados en 1974