Naila María González Rodríguez, nada en Céltigos, Sarria, en 2003, é unha poeta galega.

Traxectoria

En 2024 era estudante do grao de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Obras

(De)catarse (2024). Editorial Caldeirón. 78 páxs. ISBN 978-8412806922. Poesía.

Premios

2015: Foi unha das gañadoras do certame Que é un rei para ti?, estando no colexio La Merced. 2023: Gañadora do Premio Francisco Añón de Poesía de Outes por (De)catarse. O xurado do galardón destacou "a frescura, axilidade, precisión e economía dá linguaxe empregada, ao servizo dunha voz poética que percorre pasaxes significativas da infancia, manexando humor e capacidade evocativa a un tempo". 2023: Terceiro premio do concurso de microrrelatos do Concello Parada de Sil por Debeu ser o aire. 2023: Gañadora do primeiro certame de relato breve de Nadal Entre parágrafos nevados do Concello de Sarria por Volver é sempre a resposta. 2024: Primeiro premio do concurso de poesía Acouga-Casa dos Poetas, coordinado pola Fundación Curros Enríquez, pola súa obra A anarquía das pálpebras. O xurado salientou o ritmo dos poemas, achegado á música pop.

Notas

Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 2003 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega