Naves é unha parroquia do concello asturiano de Llanes. Atópase xunto ao mar Cantábrico, a dez minutos de Llanes e Ribeseya. A localidade, que recibiu en 1961 o premio a "Vila máis bonita de Asturias", conta con 167 habitantes (segundo datos de 2020).

Praias En Naves atópanse as praias de Beón e Gulpiyuri, que pertencen á Paisaxe Protexida da Mariña Oriental de Asturias. A segunda é tamén monumento natural.

Monumentos Mosteiro de Santolín de Beón do século XII (monumento nacional), e igrexa de Santolín de Naves e Beón, reconstruída en 1924.

Notas

Categoría:Parroquias de Llanes