Xulio Maside Medina, nado en Vigo o 9 de abril de 1933 e finado en Santiago de Compostela o 11 de abril de 2022, foi un pintor, intelectual e médico galego. Especialista en anestesioloxía, exerceu na sanidade pública durante máis de corenta anos, ao tempo que colaborou como ilustrador e gravador na prensa diaria. Desenvolveu o seu labor artístico nos seus estudios de Santiago de Compostela e Perdecanai.
Traxectoria Xulio Maside forma parte da xeración da posguerra, cun rupturismo fronte á pintura da xeración dos renovadores á que pertenceu o seu tío Carlos Maside. Na creación de Xulio Maside hai aspectos que obedecen a tradición e ás ensinanzas recibidas no estudio de Carlos Maside, xunto a outros aspectos que obedecen á plena incorporación da súa pintura as correntes internacionais.
Como activista social, cría na bondade do asociacionismo, defendía dignificar a vida dos artistas por medio da sindicación. Unha das súas maiores preocupacións era establecer fortes vencellos no seo da sociedade por medio do dereito a educación e a valoración da cultura, así xurdiron a Agrupación Cultural O Galo, da que foi cofundador, “O Taller de gravado” en Compostela, para a promoción dos artistas por medio das axudas e bolsas para viaxes de estudios. Interesado pola problemática social dos artistas, presidiu durante os anos 70 e 80 a Asociación Galega de Artistas Plásticos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Mercedes Rozas Caeiro. 2014. "Xulio Maside". Catálogo da mostra no Auditorio de Galicia en 2014. Santiago de Compostela. Tórculo Comunicación Grafica, S.L. Depósito Legal: C1619-2014. María Esther Rodríguez Losada. "Xulio Maside, Obra Recente 2014-20". Tórculo Comunicación Gráfica, S.A. Depósito Legal: C 341-2021. María Esther Rodríguez Losada. "Xulio Maside". Deputación Provincial da Coruña. Deposito Legal: C-2000-2021. ISBN: 978-84-9812-391-3 Ligazóns externas Bibliografía de pintura gallega en Pintoresgallegos.com . Fundación Eugenio Granell Xulio Maside no Museo Virtual da Universidade de Santiago
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2022 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia