Francisco é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués, co aragonésEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. e co castelán. A súa orixe é o xermánico *frankisk, que quere dicir 'franco, propio dos francos', o cal pasou ao latín serodio franciscus como unha adaptación do grupo étnico.

En xaneiro de 2023 existían 16.596 varóns en Galicia co nome Francisco, cunha media de idade de 61,1 anos,Nome Francisco na Web do Instituto Galego de Estatística e 18 co nome Fuco, cunha media de idade de 11,6 anos.Nome Fuco na Web do Instituto Galego de Estatística

Variantes En galego tamén ten os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pucho, Cholo, Chuco, Pachico, Pachuco, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Chicho, Chisco, Fran e Francucho.

Francisco noutras linguas Aragonés: Francisco / Francés / Francho Asturiano: Xicu / Xico Bretón: Fañch / Frañsez Castelán: Francisco Catalán: Francesc Éuscaro: Frantzes / Frantses / Frantzisko / Patziku Francés: François Inglés: Francis Italiano: Francesco Portugués: Francisco Romanés: Francisc

Notas

Véxase tamén Outros artigos Francisco de Asís Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses