NunoBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano e co portugués. A súa orixe é incerta, mais crese que pode ter a raíz latino-romance *nunn- procedente da linguaxe infantil.
En xaneiro de 2023 existían 410 varóns en Galicia co nome Nuno, cunha media de idade de 10,3 anos.Nome Nuno na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia Foi un nome moi frecuente en Galicia durante a Idade Media, como Nuno I, bispo de Mondoñedo, presente tamén na nobreza da época en personaxes como Nuno Freire de Andrade, o Mao (século XV), contra quen se ergueu a primeira irmandade (1431) ou trobadores como Nuno Fernandes Torneol e Nuno Eanes Cerzeo.
Nuno noutras linguas Asturiano: Nuño, Nuno Castelán: Nuño Éuscaro: Nunu / Nuño Nuno Portugués: Nuno
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes de orixe incerta Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos Categoría:Nomes masculinos portugueses