Oblomov (en ) é unha novela do escritor ruso Ivan Goncharov publicada en 1859, a máis coñecida do autor.

Trama Oblomov, o personaxe central da novela, é visto como a encarnación do home superfluo (lizhni chelovek), estereotipo da literatura rusa do século XIX. Oblomov e un home nobre e xeneroso incapaz de tomar decisións ou de realizar accións importantes. Ó longo do libro permanece case todo o tempo na cama. O libro foi considerado unha sátira da nobreza rusa, de papel social moi cuestionado na Rusia da época.

Repercusión A obra foi moi popular no seu tempo, e moitos dos seus caracteres e situacións marcaron a cultura e linguaxe rusos. "Oblomov" pasou a lingua rusa coma palabra para describir a persoas que amosan unha preguiza e inercia similares ás do protagonista da novela. "Oblomovismo" (oblomovshina) designa o tipo de preguiza case xenética que algúns críticos, entre eles Fiodor Dostoievski consideraron característica constitutiva da alma rusa, e oblomovka refírese á casa familiar no campo, descrita como un lugar idílico no capítulo “O soño Oblomov", e que simboliza a fuxida á infancia, á que se regresa mentalmente cando a incapacidade de decidirse bloquea á acción.

Oblómov foi levada o cine na Unión Soviética por Nikita Mikhalkov en 1981.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tradución ao inglés de Oblomov (Proxecto Gutenberg)

Categoría:Novelas en ruso Categoría:Obras literarias de 1858 Categoría:Novelas ambientadas en San Petersburgo