A praia de Sant Adeodat ou Binicodrell está situada na illa de Menorca e concretamente ao sur do concello de Es Migjorn Gran.
Está a 4 quilómetros de Es Migjorn Gran, situado entre o illote de Binicodrell e sa Punta negra; limita coa praia de Sant Tomàs, e coa urbanización do mesmo nome. É unha praia onde hai apartamentos e hoteis preto, e terras de cultivo.
Esta praia en forma de U está totalmente aberta ao mar. Conta con moitos bañistas e turistas locais, xa que as súas augas son tranquilas e cristalinas. Desde esta praia pódese facer unha excursión á cova des Coloms, máis coñecida como a "Catedral".
Notas
Categoría:Praias de Menorca