O broken oghibbeway foi un pidgin ou lingua auxiliar derivada da lingua ojibwa que se usou durante a era do comercio de peles norteamericano nos vales dos ríos Wisconsin e Mississippi. Os datos sobre a lingua foron recollidos durante a década de 1820 en Prairie du Chien, Wisconsin por Edwin James, un médico e naturalista, que tamén deu o seu nome ao pidgin.Nichols, John. 1995. "The Ojibwe verb in 'Broken Oghibbeway.'" Amsterdam Creole Studies 12, pp. 1-2. Foi descrita como "...unha lingua cun vocabulario restrinxido extraído do dialecto de Otava do ojibwa con algunhas palabras da lingua fox, outra lingua algonquina da rexión, e con morfoloxía ojibwa reestruturada e reducida, mais non ausente".Nichols, John, 1995, p. 1.

James recoñeceu que o broken oghibbeway era diferente da variedade de ojibwa que se falaba no Territorio de Wisconsin. Sinalou que "... é o dialecto empregado polos comerciantes e os mestizos para falar cos menominee e winnebago, e tamén moitos dos síux, sauks e fox".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pidgin delaware

Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base nativa americana Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América