O Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e nos Conflitos Armados é un día internacional que se celebra anualmente o 6 de novembro. O Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e nos Conflitos Armados foi creado o 5 de novembro de 2001 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante o mandato de Kofi Annan como Secretario xeral.
Respecto desta observancia, o Secretario xeral Ban Ki-moon escribiu posteriormente:
“Debemos utilizar todas as ferramentas ao noso alcance, dende o diálogo e a mediación até a diplomacia preventiva, para evitar que a explotación insostible dos recursos naturais alimente e financie conflitos armados e desestabilizar os fráxiles fundamentos da paz".
Outros días dedicados aos conflitos e á paz
Días internacionais da ONU
O 8 de marzo é o Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e a Paz Internacional, ademais do Día Internacional da Muller. O 16 de maio é o Día Internacional da Convivencia en Paz. O 19 de xuño é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Sexual nos Conflitos. O 21 de setembro é o Día Internacional da Paz. O 10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.
Outros días similares non promovidos pola ONU
O 1 de xaneiro é o Día Universal da Fraternidade, establecido en 1935 por Getúlio Vargas) Tamén o 1 de xaneiro, establecido en 1967 polo Papa Paulo VI, é o Día Mundial da Paz.
Outros días internacionais dedicados ao Ambiente
O 3 de marzo é o Día Mundial da Vida Salvaxe O 21 de marzo é o Día Internacional dos Bosques O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos O 17 de xuño é o Día Mundial de Loita contra a Desertización e a Seca O 26 de xullo é o Día Internacional da Conservación do Ecosistema de Mangleiros. O 16 de setembro é o Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono O 13 de outubro é o Día Internacional para a Redución dos Desastres
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de días internacionais segundo a ONU
Ligazóns externas
Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas