Natalia Álvarez Lata, é unha académica e xurista galega, especializada en Dereito Civil.
Traxectoria Natalia Álvarez Lata doutorouse en Dereito pola Universidade da Coruña en 1997Natalia Álvarez Lata en Fundación INADE, cunha tese titulada Las cláusulas restrictivas de la responsabilidad civil, dirixida por José María Pena LópezNatalia Álvarez Lata en Portal da Investigación UDC, que mereceu o premio extraordinario.
Desde 2020 é catedrática na área de Dereito Civil na Universidade da Coruña.Nomeamento como catedrática de Universidade de Natalia Álvarez Lata no BOE
Entre 2012 e 2016 foi vicerreitora de Relacións Internacionais e CooperaciónDra. Natalia Álvarez Lata en Universidade da Coruña, formando parte do equipo de goberno de Xosé Luís Armesto. Foi vicedecana de Estudantes e Ordenación Académica na Facultade de Dereito da Coruña entre maio e novembro de 2021. En 2024 foi nomeada coordinadora de mestrado en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial que se imparte no mesmo centro.
Notas
Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes