O Imperio Ruso foi un estado que existiu oficialmente dende 1721 até 1917 e que desapareceu como consecuencia da Revolución Rusa de 1917. Foi o sucesor do Tsarato ruso e o predecesor da Unión Soviética. A comezos do século XIX Rusia era o meirande estado do mundo.

A capital do imperio foi San Petersburgo (despois de 1914 rebautizada como Petrogrado). Ao final do século XIX o tamaño do Imperio aproximábase aos 21 799 825 km2. De acordo co censo de 1867 a súa poboación acadaba os 128 200 000 persoas, porén, a maioría deles (93,4 millóns) vivían na Rusia europea. Máis de 200 grupos étnicos vivían xuntos no Imperio. Ademais do territorio actual da Rusia, en 1917 o Imperio ruso incluía territorio dos estados bálticos, a Belarús, parte da Polonia, a Moldova, o Cáucaso, a Finlandia, a maioría da Asia Central e unha parte da Turquía. Entre 1732 e 1867 o Imperio Ruso tamén incluía Alasca, ao outro lado do Estreito de Bering.

En 1914 o Imperio estaba dividido en 81 provincias (Óblasti) e 20 rexións (guberniyas). Vasalos e protectorados do imperio incluían o Emirato de Bujara, o Khanato de Jiva e despois de 1914 Tuva.

O Imperio ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvoryanstvo (nobreza), o clero, comerciantes, cosacos, e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).

O seu escudo de armas foi o grande escudo do Imperio Ruso, e o himno nacional, foi "Deus salve o tsar" (Боже, Царя храни)

Despois de derrocar á monarquía tsarista durante a Revolución de Febreiro en 1917, a Rusia foi declarada República baixo un goberno provisional. Etimoloxía O territorio controlado pola dinastía Romanov na Europa oriental até o século XVII chamábase Moscovia. Antes da proclamación do Imperio ruso en 1721, chamábase popularmente Rusia (s.XVII en ruso Русія ou Росія), aparentemente de influencia do grego Ρωσια (Rosia), a nación eslava que existía antes da chegada dos mongois, a Rus de Kíiv Русь). Mentres a etnia rusa sempre considerou "Rus" un nome para eles e a súa nación, modernos intelectuais ucraínos debaten pola exactitude do termo. Ao identificárense coa grafía moderna Россия (con c dobre) foi oficial dende 1713 (e non se distinguía entre и e і, actualmente éo, e o ruso é o que non ten i, e o ucraíno si).

Emperadores

Historia Pedro o grande e o Grande Imperio Ruso miniatura|esquerda|Pedro o Grande. Pedro I de Rusia, o fillo do segundo matrimonio do tsar Alexis I, foi o primeiro en ser relegado ao rango político. Como varias faccións da Corte loitaron para controlaren o trono, Alexis foi sucedido polo fillo do seu primeiro matrimonio, Fiodor III, un rapaz enfermizo que morreu en 1682. Como resultado da Revolta de Estreltsy, Pedro foi coroado co-tsar co seu medio irmán Iván V, pero a media irmá de Pedro Sofía, mantivo o verdadeiro poder. Ela reinou mentres o mozo Pedro xogaba a xogos de guerra e cabalgaba no Cuartel Alemán de Moscova. Estas experiencias levárono a un interese pola práctica militar de occidente, particularmente a enxeñaría, artillaría, navegación e construción de barcos. En 1691, empregando tropas que el adestrara durante os seus xogos de guerra, planeou como destronar a Sofía. Cando Iván I morreu en 1696, Pedro converteuse no único tsar.

A guerra dominou a maior parte do reinado de Pedro. Ao principio Pedro intentou asegurar as fronteiras do sur dos tártaros e o Imperio Otomán. As súas Campañas de Azov fallaron inicialmente, pero, despois de embarcarse coa súa nova armada deseñada por el mesmo, Pedro puido capturar o tan importante forte de Azov en 1696. Para continuar coa súa guerra contra o Imperio Otomán, Pedro viaxou pola Europa para buscar aliados. Foi o primeiro tsar en facer esa viaxe. Pedro visitou Brandeburgo, os Países Baixos (nos cales ao ver a súa bandeira inspirouse para facer a súa), o Reino Unido, e o Sacro Imperio Romano Xermánico, durante a súa chamada Grande Embaixada. Pedro aprendeu moito e alistou a centos de especialistas técnicos. A embaixada foi curta polo intento de Sofía de desbancalo do trono, cunha revolta que foi esmagada por Pedro e os seus seguidores. Como resultado, este tiña centos de participantes mortos ou torturados, e publicamente expuxo os seus corpos para advertir aos demais, polo cal foi chamado "raro".

miniatura|esquerda|Batalla de Poltava. Pedro fracasou na súa coalición europea contra o Imperio Otomán, pero durante as súas viaxes encontrou interese por comezar unha guerra contra a Suecia, ao ser unha forte potencia de poder no norte de Europa. Vendo unha oportunidade en entrar no Mar Báltico, Pedro fixo a paz co Imperio Otomán en 1700 e despois a Batalla de Narva, onde atacou os suecos en Narva, no Golfo de Finlandia. Aínda que o novo rei Carlos XIII, probou as súas tropas, as cales acabaron co exército de Pedro. Afortunadamente para Pedro, Carlos non seguiu a súa vitoria cunha contra-ofensiva, xa que comezou as guerras na Mancomunidade polaco-lituana. miniatura|Golfo de Finlandia. Este descoido permitiulle a Pedro formar un novo exército, combinando as fortalezas de seu coas de occidente. Cando os líderes se enfrontaron outra vez en Poltava en 1709, Pedro derrotou a Carlos. Cando este último escapou ao territorio otomán, Pedro volveu a entrar en guerra co Imperio. O tsar coincidiu en botar ao porto de Azov aos otománs en 1711. A Gran Guerra do Norte, que en esencia foi a Batalla de Poltava, continuou até 1721, cando os suecos decidiron asinaren o Tratado de Nystad. O tratado permitiu reter os territorios obtidos pola Rusia: a Livonia, a Estonia, e máis a Ingría. Mediante esa expansión territorial, Pedro adquiriu un enlace directo coa Europa Occidental. Despois en celebración, Pedro asumiu o papel de "Emperador" (императoр) e Tsar do Grande Imperio Ruso, que foi proclamado en 1721. Pedro conseguiu as expansión da Rusia e a súa transformación en Imperio, baixo certas iniciativas maiores. Estableceu as forzas navais rusas, reorganizou o exército mediante o sistema europeo, organizou racionalmente o goberno e mobilizou o financiamento para os recursos humanos. So o poder de Pedro, o exército que se recrutou baixo condicións de traballo para toda a vida, incluíndo aos oficiais da realeza, os cales participaban en traballos da administración civil e militar. En 1722 Pedro introduciu a Táboa de Rangos que determinaba a posición ou status da persoa no seu servizo ao Tsar, xa fora plebeo ou nobreza. Até a xente máis común aparecía na táboa automaticamente.

A reorganización de Pedro na estrutura gobernamental non puido ser menos minuciosa. Substituíu os prizaki (burócratas) cun corpo colexiado e creou un senado para coordinar as políticas do goberno. As reformas de Pedro no goberno local tiveron poucos logros, pero os seus cambios permitiron ao goberno local recoller impostos e a manter a orde. Como parte das reformas do goberno, a Igrexa Ortodoxa foi parcialmente incorporada á estrutura administrativa do estado. Pedro aboliu o Patriarcado e substituíuno por un corpo colectivo, o Sínodo Sagrado, dirixido por un oficial gobernamental. miniatura|Academia rusa das artes Pedro triplicou os ingresos da tesouraría estatal cunha cantidade moderada de impostos. Impuxo a capitación, ou sondaxe de impostos, en todas as persoas a excepción dos cregos e nobres. Tamén gravou con impostos o alcohol, sal, e incluso por levar barba. Para proporcionar armas e uniformes para os seus soldados, desenvolveu industrias metalúrxicas e téxtiles. Pedro quería equipar a Rusia con moderna tecnoloxía, institucións e ideas. Dotou dunha educación occidental a todos os nobres, introduciu as escolas naturais para ensinar a escrita rusa e aritmética básica, estableceu unha casa imprenta e fundou a Academia Rusa das Ciencias, a cal foi inaugurada xusto antes da súa morte en 1725 e converteuse nun dos principais institutos de cultura da Rusia Imperial. Tamén recomendou que os rusos adquirisen roupa, gustos pola arte e costumes de occidente. O resultado foi unha profunda greta cultural entre a nobreza e as masas. A mellor ilustración da occidentalización de Pedro, foi a súa ruptura coas vellas tradicións e os seus métodos occidentais na arquitectura, que o levaron á construción da nova capital, Petrogrado, en 1703. Situada na terra nova, conseguida na guerra con Suecia, na cal foi axudada polo reino de Dinamarca-Noruega, a Mancomunidade polaco-lituana e o Reino de Saxonia, no Golfo de Finlandia. Aínda que Petrogrado asumiu a súa occidentalización, esta foi forzada, polo cal non puido demostrar a súa individualidade, que Pedro tanto admiraba.

A era das revolucións en palacio miniatura|Gardas Lieib na recepción do Strelna.Pedro cambiou as regras de sucesión ao trono despois de exiliar ao seu fillo, Alexis, que se opuxo ás reformas do seu pai e se presentou como figura de grupos antirreformistas. Unha nova lei expedida por Pedro I proporcionaba ao tsar a decisión de elixir o seu sucesor, pero Pedro non o fixo antes da súa morte en 1725. Nas décadas que seguiron, a ausencia de regras para a sucesión deixou á monarquía aberta en intrigas, complots e varios golpes de estado. En diante, o factor crucial para obter o trono foi apoiado pola garda de elite do pazo en Petrogrado.

Despois da morte de Pedro, a súa dona, Catarina I, tomou o trono. Pero cando ela morreu en 1727, o neto de Pedro, Pedro II, foi coroado Tsar. En 1730 Pedro II caeu enfermo da varíola, e Ana, filla de Iván V, que foi co-tsar con Pedro, ascendeu ao trono. O Supremo Consello Imperial que colocou a Ana no torno, impúxolle moitas condicións. Na súa loita contra esas condicións, Ana tivo que apoiar os nobres que temían que a oligarquía reinase sobre a autocracia. Así o principio da autocracia recibiu grande apoio nese caótico conflito ao trono.

miniatura|esquerda|Segunda galería na academia de artes, 1836. Ana morreu en 1740, e o seu aínda novo bisneto foi proclamado tsar como Iván VI. Despois de varios golpes de estado, foi substituído pola segunda filla de Pedro, (r. 1741 - 1762). Durante o reinado de Isabel, que foi moito máis efectivo que o dos seus preceptores inmediatos, produciuse a "occidentalización" da cultura rusa. Entre os eventos culturais máis destacados atópase a fundación da Universidade de Moscova en 1755 e a Academia das Artes finas en 1757 e a aparición do primeiro científico e escolar ruso, Mikhail Lomonosov. miniatura|operacións do exército ruso na guerra dos sete anos 1756-1762. Durante o reinado dos sucesores de Pedro, a Rusia tivo un rol na Europa moito máis importante. Dende 1726 a 1761, a Rusia foi unha aliada do Imperio Austríaco contra o Imperio Otomán ao cal a Francia usualmente apoiou. Na guerra de sucesión polaca, a Rusia e máis a Austria bloquearon o candidato ao trono polaco. Nunha Serie de Guerras Ruso-Turcas, Rusia adquiriu o porto de Azov. O alcance máis grande que a Rusia tivo coa Europa foi na Guerra dos Sete Anos (1756 - 1763), a cal tivo lugar en tres continentes, entre a Francia, o Imperio Británico e os numerosos aliados dos dous bandos. Nesta guerra, a Rusia continuou a súa alianza coa Austria, pero a Austria cambiou a unha alianza coa Francia en contra da Prusia. En 1760 as forzas rusas (como se acostuma na historia) estaban ás portas de Berlín. Afortunadamente para a Prusia, Isabel morreu en 1762, e o seu sucesor, Pedro III, aliou a Rusia coa Prusia pola súa devoción ao rei prusiano Federico o Grande.miniatura|Retrato de Pedro III de Rusia, por Lucas Conrad Pfandzelt.