miniatura|Biblos, castelo dos cruzados. Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut.
A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia.
Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas.
Da antiga Biblos consérvase unha muralla de comezos da Idade de Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nina Jidéjian, Byblos through the ages, Dar al-Machreq, Beyrouth, 1968 Jean-Pierre Thiollet, Je m'appelle Byblos, H & D, París, 2005
Categoría:Xeografía do Líbano Categoría:Patrimonio da Humanidade no Líbano Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Cidades fenicias Categoría:Sitios arqueolóxicos do Líbano