Mihai Eminovici, coñecido como Mihai Eminescu, nado o 15 de xaneiro de 1850 e finado o 15 de xuño de 1889, foi un poeta romántico, o máis célebre de Romanía e da República Moldova. A súa obra está traducida a máis de 60 idiomas.
Os seus poemas máis coñecidos son Luceafarul (Hypérion) - Lucifer, Odă în metru antic (Oda en metro antigo), e as 5 Scrisori (Epístolas). Eminescu era un membro activo da sociedade literaria Junimea, traballando como editor en Timpul, o xornal oficial do Partido Conservador.
Obra Os seus poemas máis importantes son:
Doina (nome dunha canción popular romanesa) Lacul (O Lago) Luceafărul (Estrela da mañá) Floare albastră (Flor azul) Dorinţa (Desexo) Sara pe deal (Serán no outeiro) O, rămii (Oh, queda) Epigonii (Epígonos) Scrisori (Epístolas ou "Cartas Satíricas") Si dacă (E se eu...) Odă (în metru antic) (Oda (en metro antigo)) Mai am un singur dor (Tiven eu un só desexo)
Prosa Făt-Frumos din lacrimă (O príncipe encantador, o chorador) Geniu pustiu (Xenio baleiro) Sărmanul Dionis (O pobre Denís) Cezara (un nome propio: Cesárea)
Véxase tamén Ligazóns externas The Mihai Eminescu Official web site
Categoría:Escritores en lingua romanesa Categoría:Escritores de Romanía Categoría:Nados en Romanía Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1889