miniatura|dereita|Imaxe de Victor Horta no antigo billete de 2000 francos belgas.
Victor Horta, nado en Gante o 6 de xaneiro de 1861 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1947, foi un arquitecto belga.
Precursor da Art Nouveau, Horta revolucionou o modo de concibir os edificios de vivendas, ampliando desde o tradicional acabado arquitectónico dos proxectos de espazos, internos e externos, ata unha concepción que comprendía tamén o estudo das luces, dos equipamentos, dos decorados das paredes, incluso os obxectos. Segundo a avaliación dun dos seus admiradores, o arquitecto francés Hector Guimard, Horta foi un «arquitecto artista» que concibía a casa como unha obra de arte "total".
Obra (selección) Catro das súas casas privadas (hôtels) están incluídas na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO:
Hôtel Tassel, proxectado e construído para o Prof. Émile Tassel en 1892 - 1893, 6 rue Paul-Emilie Janson; Hôtel Solvay, proxectado e construído en 1895 - 1900, 224 avenue Louise,; Hôtel van Eetvelde, proxectado e construído en 1895 - 1898, 2 e 4 avenue Palmerston ; Maison e Atelier Horta (Casa e obradoiro Horta), proxectada e construída entre 1898 - 1902, 23-25, rue Américaine, que actualmente alberga o Museo Horta.
Outras obras de Horta son:
En Bruxelas: O pavillón das Paixóns humanas (1899), parc du Cinquantenaire, cun baixorrelevo de Jef Lambeaux Casa Autrique - 266 chaussée d'Haecht (1893) Hôtel Winssinger - 66, rue de l'Hôtel des Monnaies (1894); Hôtel Deprez-Van de Velde - 3 avenue Palmerston e 14 rue Boduognat (1896); Xardín da infancia, 40 rue Saint-Ghislain (1895 - 1899); Hôtel Aubecq, avenue Louise (1899 - 1903, (desaparecido); A l'innovation, rue Neuve (1901-1903; incendiado en 1967); Grand Bazar Anspach, boulevard Anspach (1903); Hôtel Frison; Hôtel Max Hallet - 346 avenue Louise (1904); Casa do escultor Braecke - 31 rue de l'Abdication (1901-1903); Casa e taller de Fernand Dubois - 80, avenue Brugmann(1901-1903); Maison du Peuple, (Casa do Pobo) 1896 - 1899 (destruída), Almacéns Wolfers frères - 11-13, rue d'Arenberg (1909); Hôpital Brugmann (1906-1923) Palais des Beaux-Arts de Bruxelles (Pazo das Belas Artes) - rue Ravenstein 1922 - 1928; antigos almacéns Waucquez, hoxe Centre belge de la bande dessinée - 20-21, rue des Sables (1903-1906); Estación Central - Cantersteen (1947-1952).
En Tournai Museo de Belas Artes de Tournai, 1903 - 1920.
Véxase tamén
Outros artigos Modernismo Obra de Victor Horta en Bruxelas
Categoría:Arquitectos da Art Nouveau Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en Gante Categoría:Finados en 1947 Categoría:Arquitectos de Bélxica