miniatura|dereita|San Roque de Gambino na capela do Hospital de San Roque en Santiago de Compostela.
Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) o 14 de maio de 1719 e finado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.
Traxectoria
Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.
É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.
Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escultores de Galicia do Barroco Categoría:Nados en 1719 Categoría:Finados en 1775 Categoría:Nados en Rois Categoría:Escultores do século XVIII