Tomiko Yamakawa (en ), nada o 19 de xullo de 1879 e finada o 15 de abril de 1909, foi unha poeta xaponesa do período Meiji.

Traxectoria Tomiko Yamakawa naceu en Takehara, na prefectura de Shiga (actual cidade de Obama, na prefectura de Fukui) o 19 de xullo de 1879. Foi a cuarta filla de Teizo Yamakawa e Ei Yamakawa. A súa familia pertencía a unha antiga liñaxe de samurais de alto rango do dominio de Obama.

En 1895, ingresou na escola misioneira para mulleres Baika gakuen, en Osaka, onde se graduou en 1897. En decembro dese mesmo ano, publicou o seu primeiro tanka.

En abril de 1900, ingresou como investigadora na súa alma máter, especializándose en lingua inglesa. En xuño dese mesmo ano, comezou a colaborar coa revista Myōjō (en ; lit. "Venus") de Tokyo, fundada por Yosano Tekkan; en agosto, coñeceu a Tekkan e á súa futura esposa, a poeta Yosano Akiko. Malia amar a Tekkan, en abril de 1901 a súa familia obrigouna a casar con Yamakawa Kenshichiro, un membro do seu clan, pero este faleceu ao ano seguinte. En xaneiro de 1903, divorciouse formalmente e regresou á súa localidade natal.

En 1904, matriculouse en Literatura Inglesa na Universidade de Mulleres do Xapón, onde permaneceu até marzo de 1907. En 1905, xunto con Yosano Akiko e Masuda Masako, publicou a escolma poética Koigoromo ("A roupa do amor").

O 15 de abril de 1909 finou a causa dunha enfermidade respiratoria, con tan só 29 anos. A súa tumba atópase no templo Hosshinji, na cidade de Obama.

Publicacións

Koigoromo 恋衣 (1905), xunto con Yosano Akiko e Masuda Masako. Hongō shoin.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Myōjō Yosano Akiko Yosano Tekkan

Ligazóns externas Koigoromo, texto completo en xaponés (Aozora Bunko)

Categoría:Finados en 1909 Categoría:Nados en 1879 Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa