O letrismo foi un movemento poético de vangarda. O seu creador, o poeta romanés Isidore Isou, publicou en 1945 un manifesto, no que traballara desde 1942, no que propugnaba un novo tipo de poesía atento só ao valor sonoro das palabras, non ao seu significado. Este manifesto comezou a circular no seu país natal, chegando máis tarde a París, onde o letrismo vería o seu maior desenvolvemento.
Historia miniatura|Isidore Isou en La Termitière.
Terminoloxía O termo fai referencia á importancia das letras e os fonemas máis que á súa semántica. Tamén é empregado en referencia á rotulación de letras.
Referencias e desenvolvemento O letrismo foi unha continuación de movementos artísticos anteriores, como o futurismo ruso, o futurismo italiano e o dadaísmo. Os seus cultistas crearon construcións sonoras nas que só se tiña en conta o valor estético das palabras, sílabas ou mesmo onomatopeas sen valor imitativo, achegando así a poesía á música. Máis tarde, os cultistas do letrismo intentaron que o seu movemento abarcase todas as artes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Caligrama Dadaísmo Futurismo Gíglico, lingua inventada por Julio Cortázar en Rayuela Jabberwocky Surrealismo Vangardas
Ligazóns externas «Letristas», Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. (en castelán) «Centro Studi Lettristi», .
Categoría:Literatura de Romanía Categoría:Literatura de Francia