A Porte d'Italie é unha das portas de entrada a París, a capital de Francia.

Localización e acceso dereita|miniatura|A circunvalación de Porte d'Italie, orientada ao oeste: á esquerda Le Kremlin-Bicêtre, á dereita París. A Porte d'Italie está situada no 13º distrito, no cruzamento de Avenue d'Italie, o Boulevard Masséna, a Avenue de la Porte-d'Italie e o Boulevard Kellermann, fronte ao Kremlin-Bicêtre.

As liñas que serven a Porte d'Italia son a 7 de metro e 3a de tranvía na estación Porte d'Italia. En xuño de abriuse a estación Maison Blanche da liña 14 na súa proximidade.

Orixe do nome A Porte d'Italie é o punto de partida da estrada nacional 7 que une París con Italia, de aí o seu nome.

Historia A Porte d'Italie é unha das portas do recinto de Thiers, unha muralla que cercaba París e que se levantou entre 1841 e 1844 para evitar que a capital de Francia caese facilmente nas mans de exércitos estranxeiros como acontecera en 1814. Concretamente, sitúase entre os bastións números 87 e 88. A finais do século XIX quedou obsoleta, e nos primeiros anos do século XX a zona encheuse de casoupas dos traballadores inmigrantes procedentes do rural. En 1919 decidiuse derruír a muralla . Ao longo de todo o recinto nas antigas portas, e tamén na Porte d'Italie, e no espazo que quedara libre encheuse de máis construcións precarias. Durante a liberación de París ao final da segunda guerra mundial, ademais da Porte d'Orléans, foi por esta porta onde algúns dos primeiros elementos da Segunda División Blindada entraron en París« La route de la Nueve à travers Paris, 2004 », www.24-aout-1944.org o 24 de agosto de 1944: o primeiro francés libre en entrar na capital foi o capitán Raymond Dronne, coa súa 9ª compañía, a Nueve (rexemento de marcha do Chad ).

Edificios notables e lugares de memoria A Porte d'Italie está situada á beira do barrio asiático e do barrio de Maison-Blanche. Varias grandes cadeas hoteleiras están situadas na Porte d'Italie, no lado do Kremlin-Bicêtre, e a zona tamén acolle concesionarios de automóbiles.

Notas

Categoría:París