Manuel Gallego Salgueiro, coñecido como Conejín, nado en Nigrán cara a 1913, foi un electricista e político galego.

Traxectoria Irmán de Constante Gallego Salgueiro. Electricista, veciño das Angustias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 25 de outubro.El Pueblo Gallego, 27-10-1936, p. 4. Voveu ser reclamado mediante requisitoria o 9 de abril de 1938 xunto con Modesto Pérez Misa.El Pueblo Gallego, 12-4-1938, p. 3.Declarado en rebeldía. Foi detido o 24 de novembro de 1938. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 11 de marzo de 1939 con Modesto Pérez Misa, Purificación Veiga Campos, Manuel Rodríguez Domínguez, Avelino Veiga Gallego, Julio Veiga Campos, Adelina Veiga Campos, Belarmina Quinteiro Gallego, Olivia Veiga Campos, Juana Campos Costas, Adoración Gallego González, Mercedes Salgueiro Salgueiro, Balbina Salgueiro Rodríguez, Angelina Salgueiro González, Julia Rodríguez Domínguez e Prudencio Figueiras Bastos; Manuel foi condenado a pena de morte.A volta das nove Foi indultado en outubro de 1939 e a sentenza conmutada por cadea perpetua.El Pueblo Gallego, 10-10-1939, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1940.El Pueblo Gallego, 6-1-1940, p. 5. Cumpriu condena na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e no Destacamento penal das Minas de Casaio de onde saíu en liberdade condicional en novembro de 1943.BOE, 28-12-1943, p. 12309-12311.

Vida persoal Casou na Prisión Provincial de Pontevedra con Belarmina Quinteiro Gallego en xullo de 1939.El Pueblo Gallego, 11-7-1939, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido