Santa María da Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2019 tiña 86 habitantes (41 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso con respecto ao ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab./km²). Ten 23 lugares.

Xeografía Limita coas parroquias do Viveiró (concello de Muras), Vilapedre, San Simón da Costa (concello de Vilalba), Montouto (concello de Abadín) e O Cadramón (concello do Valadouro).

Pertence á serra do Xistral, e toda a parroquia está protexida pola Rede Natura como turbeira. Na parte balsega da serra, no lugar de Camposas de Abaixo, nace o río Eume. Este río transcorre, despois de pasar por Montouto, polo límite entre A Balsa e San Simón da Costa e Vilapedre.

Patrimonio miniatura|Porta lateral da igrexa de Santa María da Balsa na que se pode ler "ES YGLESIA DE REFUGIO". A igrexa parroquial foi construída no século XII e rematada no XIII. Está fabricada con cachotería de granito e cuberta con lousa, é de planta rectangular e consta de pórtico, nave rectangular, capela maior e sancristía na cabeceira. Tanto fachada coma pórtico e capela maior datan do século XVII. A fronte ten a porta principal, con arco alintelado. A espadana elévase sobre a sancristía: é de dous corpos e tres vans e data do século XVIII. Ten unha porta lateral no muro dereito con arco oxival do século XIII visible dende o interior do edificio, pois leva lintel exterior con inscrición Es iglesia de refugio. No interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior renacentista e retablos laterais barrocos, con tallas.

Economía A economía da parroquia depende en gran parte do sector gandeiro e das pensións de xubilación. Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica coas empresas Acciona e Norvento, pero non repercute no emprego da poboación local.

Lugares e parroquias Lugares da Balsa

Parroquias de Muras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muras

Ligazóns externas Web sobre a Balsa

Categoría:Parroquias de Muras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María