Mark Edward Smith, nado o 5 de marzo de 1957 e finado o 24 de xaneiro de 2018, foi un cantautor inglés. Foi o vocalista principal, letrista e único membro constante da banda de post-punk The Fall. Smith formou o grupo despois de ir ao concerto de xuño de 1976 dos Sex Pistols no Lesser Free Trade Hall de ManchesterEdge, 1989, p. 8 e foi o seu líder ata a súa morte. Durante os seus 42 anos de existencia, a formación de The Fall contou cuns 60 músicas, cos cales Smith publicou 32 álbums de estudio e numerosos sinxelos e EPs.

Smith tiña unha personalidade difícil e complexa e era un alcohólico de longa duración.Kaufman, Gil. "Fall Singer To Enter Alcohol Treatment Program". MTV, 15 de abril de 1998 Era coñecido polo seu enxeño mordaz e directo, evidente nas entrevistas, polo que foi moi demandado polos xornalistas musicais ao longo da súa carreira. Desconfiaba das trampas da fama e evitou en gran medida socializar con persoas asociadas á escena musical, incluídos outros membros de The Fall. O aspecto escuro e sardónico da súa personalidade adoita aparecer nas súas letras; el mofábase especialmente da xente da industria musical. O enfoque de Smith cra a música era pouco convencional e non tiña gran consideración pola musicalidade, afirmando que "o rock and roll nin sequera é música en realidade. É un maltrato dos instrumentos para superar os sentimentos".

The Fall son consideradas unha das bandas post-punk máis importantes e influentes dos anos 80, 90 e 2000. Aínda que era difícil traballar con Smith, era venerado por fans e críticos, e foi descrito como un "estraño tipo de tesouro nacional de antimateria".

Notas

Bibliografía

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Músicos do Reino Unido