A 4-metiltioanfetamina (4-MTA) é unha droga de deseño desenvolvida na década de 1990 por un equipo liderado por David E. Nichols na Universidade Purdue. Actúa como un axente de liberación de serotonina moi selectivo non neurotóxico en animais. Está distantemente relacionada con outros axentes de liberación de serotonina selectivos, como MMAI, MDAI e MDMAI.
Efectos miniatura|Expertos en adicción en psiquiatria, química, farmacoloxía, ciencia forense, epidemioloxía, e a policía e servizos legais realizaron unha análise polo método Delphi sobre 20 drogas recreativas populares. A 4-MTA quedou situada no posto 12º en canto á dependencia, no 10º en danos físicos e no 17º e danos sociais. A 4-MTA é un forte liberador de serotonina similar á parametoxianfetamina (PMA), que pode causar unha pronunciada hipertermia que podería orixinar un fallo orgánico e a morte. Os efectos subxectivos da 4-MTA inclúen a estimulación prolongada, que, en contraste con outras anfetaminas, está acompañada por pouca sensación de euforia.Erowid experience report on 4-MTA (experience year: 2001) A 4-MTA é tamén un inhibidor da MAO-A, o que pode explicar a súa tendencia a causar facilmente efectos adversos, xa que os MAOI non se consideran seguros para o seu uso xunto con estimulantes.
Historia O composto desenvolveuno o equipo de investigación liderado por David E. Nichols, pero pretendíase que se usase só como un axente para a investigación de laboratorio sobre a proteína trasnsportador de serotonina, e Nichols dixo lamentar ver como a 4-MTA aparecía como droga de abuso nas rúas.4-MTA info on possible dangers - ecstasy.org
A 4-MTA vendeuse en smart shop en Países Baixos, aínda que axiña foi prohibida polo goberno despois de que empezaron a aparecer serios efectos secundarios. Tamén se vendeu brevemente no mercado negro como MDMA durante os anos finais da década de 1990, principalmente nos Estados Unidos, pero fíxose impopular debido ao seu alto risco e os graves efectos secundarios (informouse de varias mortes) e a falta relativa da creación de euforia positiva.
En Reino Unido a 4-MTA está na lista das drogas de clase A, pero propúxose que se reclasifique como de clase B.""I think 4MTA, LSD and ecstasy probably shouldn't be Class A", from "Call for ecstasy to be downgraded", BBC News, Wednesday, 22 November 2006, 15:57 GMT Tamén é unha substancia controlada na Arxentina (como tamén 2C-B, 2C-I e 2C-T-2). A 4-MTA non está regulada a nivel federal nos Estados Unidos, pero é unha substancia controlada en Wisconsin.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas EMCDDA Report (1999) on the risk assessment of 4-MTA in the framework of the joint action on new synthetic drugs Erowid 4-MTA vault (Consultado o 10/1/06)
Categoría:Estimulantes Categoría:Drogas Categoría:Substancias químicas