O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán.Artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Cataluña Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña. Desde 2006 é unha das tres linguas oficiais desta comunidade autónoma alén do catalán e do castelán.

Considerada unha vez como «lingua en perigo» e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialidade na Comunidade Autónoma de Cataluña.

Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% poden falala. Grazas ao seu status de cooficialidade, e malia ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario /Inglés-Aranési

Uao lingüístico Usos lingüísticos no Val de Arán (2001)CastelánAranésCatalánOutros Lingua materna 38,8% 34,2% 19,4% 7,6% Na casa (de forma exclusiva) 35,3% 25,8% 13,0% s/d Na casa (con outras linguas) 50,7% 40,3% 24,6% 3,8% No traballo (de forma exclusiva) 30,8% 9,2% 7,9% s/d No traballo (con outras linguas) 63,1% 34,6% 43,9% 1,8% O aranés é a lingua materna do 34,2% da poboación do Val de Arán. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o castelán, que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do catalán, que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001. O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.

No fogar, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 35,3% da poboación do val, o aranés polo 25,8% e o catalán polo 13,0%. Ademais, o aranés é utilizado en casa con outra lingua polo 14,5% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado en casa (de forma exclusiva ou en situación de bilingüismo) polo 40,3% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 50,7% e o catalán por 24,6%.

No traballo, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o catalán polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou multilingüismo) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 63,1% e o catalán polo 43,9%.

Principais características evolutivas do gasco-aranés aspiración do F latino, que pasa a H: focus > huec ("lume") desaparición do N intervocálico: luno > lua ("lúa"). metátese do R: capra > craba ("cabra"). o R inicial incorpora A: ridere > arrir ("rir"). vocalización do L final, que pasa a U: mele > mèu ("mel"). rotacismo do L dobre intervocálico: illa > era ("ela"). o L dobre final pasa a TH: castellum > castel > castèth ("castelo").

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dialecto gascón Lingua occitana

Ligazóns externas Información sobre o aranés, incluídos dicionarios etc

Categoría:Lingua occitana Categoría:Val de Arán Categoría:Linguas de España Categoría:Linguas de Cataluña