Funtor de Breogán é o equipo da Universidade de Santiago de Compostela na Liga Matemática.
Historia O equipo que participa cada ano escóllese a través da participación nunhas batallas matemáticas que se celebran na nosa facultade tódolos anos a mediados de setembre abertas a calquera estudiante da universidade. Nelas, resólvense un feixe de problemas por grupos, para logo levar a cabo unha "batalla" na que, alternativamente para cada problema, un dos equipos trata de defender a corrección da súa solución do problema mentres que o outro trata de xustificar que non é válida. En función do grao de convencemento que logre acadar cada equipo consegue unha maior puntuación, gañando o equipo que obteña máis puntos.
Clasificáronse para a Fase Final da Liga Matemática 2023-2024, perdendo 3-2 na semifinal contra GalUALs, equipo da Universidade de Almería. Anteriormente o delegado era Javier Polo e Ibai Otero e Pedro Vidal eran xogadores.
O delegado na Liga Matemática 2024-2025 é Héctor Folgar. O equipo está integrado por Fernando J. Álvarez, Iván Castro, Ada Domínguez, Carla Dopazo, Diego Fernández, Antón Figueroa, Raquel Freire, Martín García, Francisco Morales, Ángel Rey Rodríguez, Laura Salgueiro, Yago Sánchez, Pablo Soutullo, Inácio Suárez.
Notas
Categoría:Matemáticas en Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Liga Matemática