Ainda Estou Aqui é un filme franco-brasileiro de 2024 dirixido por Walter Salles a partir dun guión de Murilo Hauser e Heitor Lorega. A historia do filme baséase nas memorias homónimas de Marcelo Rubens Paiva, publicadas en 2015. Está protagonizado por Fernanda Torres e Fernanda Montenegro como Eunice Paiva, unha nai e activista que enfronta a desaparición forzada do seu marido, o político disidente Rubens Paiva, durante a ditadura militar no Brasil.

Pouco despois da súa estrea nos cinesmas brasileiros o 7 de novembro de 2024 a través de Sony Pictures Releasing International, o filme foi o obxectivo dun boicot infrutuoso da extrema dereita brasileira. Recadou 12,3 millóns de dólares cun orzamento de produción de 1,5 millóns de dólares, converteuse no filme brasileiro máis exitoso dende a pandemia de COVID-19.

Na 97ª edición dos Óscar, foi nomeado nas categorías de mellor actriz (Torres), mellor filme e gañou o Óscar ó mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme brasileiro en gañar un Premio Óscar.

Personaxes

Fernanda Torres como Eunice Paiva Fernanda Montenegro como Eunice Paiva (de vella) Selton Mello como Rubens Paiva Guilherme Silveira como Marcelo Rubens Paiva Antonio Saboia como Marcelo Rubens Paiva (adulto) Valentina Herszage como Vera Paiva Maria Manoella como Vera Paiva (de vella) Luiza Kosovski como Eliana Paiva Marjorie Estiano como Eliana Paiva (de vella) Barbara Luz como Nalu Paiva Gabriela Carneiro da Cunha como Nalu Paiva (de vella) Cora Mora como Maria Beatriz Facciolla Paiva Olívia Torres como Maria Beatriz Facciolla Paiva (adulta) Pri Helena como Maria José (Zezé) Humberto Carrão como Félix Maeve Jinkings como Dalva Gasparian Caio Horowicz como Ricardo Gomes Pimpão Camila Márdila como Dalal Achcar Charles Fricks como Fernando Gasparian Luana Nastas como Helena Gasparian Isadora Ruppert como Laura Gasparian Daniel Dantas como Raul Ryff Maitê Padilha como Cristina Carla Ribas como Martha Dan Stulbach como Bocaiuva Cunha

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Walter Salles Categoría:Filmes ambientados en 1970 Categoría:Filmes ambientados en 1971 Categoría:Filmes ambientados en 1996 Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes de Arte France Cinéma Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Óscar ó mellor filme internacional