A serra da Culebra é un conxunto montañoso español localizado no noroeste da provincia de Zamora e da comunidade autónoma de Castela e León.
Cunha configuración lonxitudinal, abrangue parte das comarcas zamoranas de Seabra, Carballeda, Aliste e Tábara, limitando ao oeste coa veciña Tras os Montes e Alto Douro de Portugal. En total comprende un amplo territorio de aproximadamente 70 000 ha, das que 61 305 ha foron declaradas Lugar de importancia comunitaria (LIC) e 67 340 ha foron declaradas reserva rexional de Caza. Así mesmo, desde a promulgación da “Lei 8/1991, do 10 de maio, de Espazos Naturais da Comunidade de Castela e León”, esta serra é un dos espazos naturais protexidos pola citada comunidade autónoma, aínda pendente de definir será a súa figura de protección definitiva.http://noticias.juridicas.com/base_datos/CCAA/cl-l8-1991.t3.html#a18 Ley 8/1991, de 10 de maio, de Espacios Naturales de la Comunidad de Castilla y León Nos últimos anos debateuse a proposta de que esta serra sexa declarada parque natural, medida á que se opuxeron os veciños dos concellos afectados por considerala prexudicial para os seus intereses económicos.
A nivel internacional, esta serra é coñecida por albergar unha das xoias da fauna e emblema da loita pola conservación, o lobo ibérico. O amplo espazo que ocupa a serra permítelle viaxar durante días por amplos espazos naturais sen presenza humana. É un dos mellores lugares de España para observar a fauna, contemplar paisaxes salvaxes ou vivir manifestacións etnográficas únicas que desapareceron noutras partes do país. Esta serra é polo tanto un lugar único no que gozar do sendeirismo, do ciclismo ou simplemente do turismo. Cada época do ano ofrece unha perspectiva única da súa natureza, sobre todo do outono, no que se pode gozar do cromatismo dunha paisaxe cambiante e dos froitos silvestres da estación (castañas e cogomelos).
A morfoloxía desta serra, duns 65 km de lonxitude, está formada por unha serie de serras (Atalaya, Cavernas, Mujer Muerta, Sesnández, Valcuevo, Roldana ou Cantadores) que se estenden lonxitudinalmente en sucesión. Outra das súas singulares características é que os seus cumios apenas superan os mil metros de altura, sendo a Pena Mira (1 241 m), Miño Cuevo (1 207 m) e Pena Castillo (1 185 m) as máis altas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Serras de Castela e León Categoría:Áreas protexidas de Castela e León Categoría:Provincia de Zamora