Os Foros de Debate son uns encontros celebrados en Ribadeo pola Fundación Sargadelos e o Grupo Voar.

Características

Inclúen un conxunto de charlas (de 4 a maioría dos anos a 7 nunha das edicións) impartidas por persoeiros relacionados co tema anual escollido, seguidas dunha quenda de preguntas por parte do público. Desenvólvense nas instalacións do Hotel Voar, en Ribadeo. Na primeira etapa, entre 1994 e 1998, tiveron carácter anual, co nome de Foros de Debate do Grupo Voar por ser organizados directamente polo grupo xestionado por Segismundo García. Recuperáronse en 2016, e desde entón tiveron unha cadencia aproximadamente anual. Edicións I edición (1994): "A crise económica". Coordinado por Balbino Pérez Vacas, coa participación de Víctor Moro, Xosé Luís Barreiro Rivas, Ramón Tamames, Rafael del Pino e Guillermo de la Dehesa. II edición (1995): "A crise institucional". Participantes: Vitorino Núñez, Isaac Díaz Pardo, Perfecto Conde, Fernando Ónega, Baltasar Garzón, Gustavo Bueno e Fernando Morán López. III edición (1996): "Formas de Estado: Monarquía e República". Participantes: Sir Raymond Carr, Juan Pablo Fusi, Xosé Ramón Barreiro, Eduardo Haro Tecglen, Santiago Carrillo e Gonzalo Fernández de la Mora. IV edición (1997): "Europa e os nacionalismos". Participantes: Leopoldo Calvo-Sotelo, Mario Onaindia, Camilo Nogueira, Fernando Savater e Josep Antoni Duran i Lleida. V edición (1998): "O poder: as súas formas e aparencias". Participantes: Sabino Fernández Campo, Miguel Boyer, Clemente Auger e Miguel Ángel Aguilar. VI edición (2016): "Europa, un proxecto común". Coordinado por Balbino Pérez Vacas, coa participación de Miguel Ángel Revilla, Josep Borrell, José Manuel García-Margallo e Bieito Rubido. VII edición: "Ética e política". Participantes: Alberto Núñez Feijóo,Vídeo en Youtube de Feijóo na VII Edición. Rosa Díez González, Íñigo Errejón Galván e Patxi López Álvarez. alt=Rodrigo Rato nos Foros de Debate|miniatura|Rodrigo Rato nos Foros de DebateVIII edición (2023): "Estatalismo ou liberalismo". Participantes: Juan Carlos Monedero Fernández, Ana Pontón Mondelo, Rodrigo Rato Figaredo (28 de xaneiro, presentado por Lois Caeiro) e Antonio Garamendi Lecandia. IX edición (2024): "O estado: Súbditos e cidadáns". Participantes: Iván Espinosa de los Monteros (19 de xaneiro), Alfonso Guerra González (26 de xaneiro), Soraya Sáenz de Santamaría (2 de febreiro) e Manuela Carmena Castrillo (16 de febreiro). X edición (2025): "Iniciativa privada e poder público". Participantes: Mario Conde (10 de xaneiro, presentado polo escritor Alfredo Conde), José Blanco López (24 de xaneiro, presentado por Alfonso Riveiro, dir. El Progreso), Juan Luis Cebrián Echarri (31 de xaneiro, presentado por Lois Caeiro) e Isabel Díaz Ayuso (14 de febreiro)

Notas

Categoría:Ribadeo

Categoría:Eventos