Medio dólar doSesquicentenario de Lynchburg "½ Dollar Lynchburg, Virginia Sesquicentennial". Numista.com"1936 Lynchburg Sesquicentennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Busto do senador Carter Glass ollando cara á esquerda Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / CARTER GLASSR/: Alegoría da Liberdade en pé, diante da fachada do Palacio de Xustiza de Lynchburg . Lendas: LYNCHBURG VIRGINIA SESQUI-CENTENNIAL / E PLURIBUS UNUM / 1786 / 1936 / HALF DOLLAR Data: 1936. Ceca: US Mint: ceca de Filadelfia (sen marca). Gravador: Charles Keck. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 20.000 (mais 13 para a Comisión de Ensaios). Diámetro: 30,60 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do Sesquicentenario de Lynchburg é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1936 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada pola Ceca de Filadelfia, en conmemoración do 150 aniversario da fundación da cidade de Lynchburg, Virxinia, en 1786."1936 Lynchburg Sesquicentennial Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).

No anverso da moeda aparece o exsecretario do Tesouro e senador estadounidense Carter Glass, natural de Lynchburg. Pola súa banda, o reverso representa unha estatua da deusa da Liberdade, con lugares representativos de Lynchburg detrás dela, como o antigo Palacio de Xustiza e o monumento aos Confederados.

O propio senador Glass foi o promotor da lei pola que se aprobou a emisión deste medio dólar, que foi aprobada polo Congreso sen dificultade. A Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos propuxo que a moeda levase no anverso a imaxe de John Lynch, fundador de Lynchburg, pero non se coñecía ningún retrato seu e, no canto diso, a Asociación do Sesquicentenario de Lynchburg decidiu que o mesmo Glass debería ser quen figurase na moeda. Malia a súa oposición, Glass converteuse na terceira persoa viva que aparecía nunha moeda estadounidense, e a primeira que aparecía soa.

As moedas tiveron unha boa aceptación comercial cando se puxeron á venda a finais do verán de 1936, case todas no propio país, xa que as vendas a estranxeiros foron limitadas. Esgotouse toda a tiraxe e reserváronse algúns exemplares para os actos de celebración do sesquicentenario en outubro. No momento do seu lanzamento vendíanse polo prezo dun dólar a unidade e, cos anos, fóronse revalorizando no mercado numismático, ata acadar varios centos de dólares por exemplar, sempre dependendo do seu estado de conservación.

Antecedentes e contexto

O feito conmemorado Lynchburg, un territorio que foi colonizado por angloamericanos en 1757, recibiu o nome do seu fundador, John Lynch. Cando este tiña uns 17 anos, comezou a operar un servizo de transbordador nun vao do río James para transportar mercadorías entre Lynchburg e New London, onde se estableceran os seus pais. A despois coñecida como "Cidade dos sete outeiros" desenvolveuse axiña ao longo dos outeiros que rodeaban a ruta do transbordador de Lynch."Lynchburg History: John Lynch ". Lynchburgvirginia.orgElson, J. M. (2004). Lynchburg, Virginia: The First Two Hundred Years 1786-1986. Warwick House Pub., Lynchburg. ISBN 978-1-890306-72-4

En 1786, a Asemblea Xeral de Virxinia recoñeceu o asentamento de Lynchburg como entidade de poboación, co seu centro no embarcadoiro de Lynch no río James.

A idea da moeda conmemorativa A Asociación do Sesquicentenario de Lynchburg desexaba acadar que se producise a emisión dunha moeda conmemorativa co motivo do aniversario daquela primeira mención da Asemblea General de Virxinia ao lugar e da proposta da súa incorporación á Unión como cidade, que finalmente non se chegou an producir ata 1852.Taxay, D. (1967). Páxina 212.

Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba ou dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.

En concreto no ano 1936 o Congreso autorizou 15 novas emisións de moedas conmemorativas, e mesmo moedas que foran autorizadas en anos anteriores volveron cuñarse ese ano con data de 1936. Ese auxe das moedas conmemorativas levou consigo un importante aumento dos seus prezos, e as novas emisións contribuíron a alimentar o mercado. Algunhas destas novas emisións, como é o caso do medio dólar do Centro Musical de Cincinnati, estaban controladas por persoas con información privilexiada para obteren beneficios privados, á marxe do financiamento das celebracións.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 12-13.

No caso do medio dólar de Lynchburg, a entidade promotora e responsable da súa emisión foi a Asociación do Sesquicentenario de Lynchburg.Flynn, K. (2008). Páxina 355. O medio dólar de Lynchburg tiña como propósito sufragar o custo das celebracións do aniversario da cidade,Flynn, K. (2008). Páxina 118. e estaba motivada polo orgullo da súa cidadanía pola súa historia local.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 144. Lynchburg fora un centro de abastecemento para a Confederación durante a Guerra Civil; un intento da Unión de tomar a cidade fora rexeitado en 1864 polo xeneral confederado Jubal Early. Carter Glass, máis tarde secretario do Tesouro e representante e senador por Virxinia, nacera alí en 1858, e alí residía en 1936.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 124-125.

Trámite lexislativo

Senado O 8 de abril de 1936, Glass presentou no Senado o proxecto de lei do medio dólar do Sesquicentenario de Lynchburg, que foi remitido á Comisión de Banca e Moeda desa cámara. O 22 de abril, Alva B. Adams, de Colorado, devolveuno informado á presidencia do Senado."Report of the Committee on Banking and Currency". En Congressional Record - Senate. 22 de abril de 1936. Páxina 5.830."Senate Bills: S. 4448". History of Bills and Resolutions. 1936. Páxina 453. No seu informe, a Coisión de Banca e Moeda sinalaba que o proxecto estaba redactado dun xeito polo que a propia comisión avogaba, arredándose da posibilidade de que se cometesen os abusos e as malas prácticas que caracterizaran algunhas emisións anteriores de moedas conmemorativas. Prevíase no proxecto, neste sentido, que as moedas fosen cuñadas nunha soa ceca e cun único deseño; igualmente, deberían cuñarse no prazo dun ano desde a súa promulgación e levarían necesariamente a data de 1936, aínda que a súa produción se chegase a dilatar ata o ano seguinte. Con estas medidas pretendíase que non se creasen variantes da moeda e que non se puidese especular cos seus prezos. Tendo todo isto en conta, a Comisión de Banca e Moeda do Senado aconsellou a aprobación do proxecto de lei.Authorize the Coinage of 50-cent Pieces in Commemoration of the One Hundred and Fiftieth Anniversary of the Issuance of the Charter to the City of Lynchburg, Va: Report (to Accompany S. 4448). U.S. Government Printing Office, 1936.

O 24 de abril, Adams presentou o proxecto ante o pleno do Senado e propuxo que a cantidade autorizada de moedas se aumentase das 10.000 que se propuñan inicialmente a 20.000. Tanto o proxecto de lei como esta emenda foron aprobados sen debate nin oposición."One Hundred and Fiftyth Anniversary of the Chartering of Lynchburg, Va.". En Congressional Record - Senate. 24 de abril de 1936. Páxina 6.067.

Congreso O proxecto de lei pasou entón á Cámara de Representantes, onde foi presentado o 22 de maio por Clifton A. Woodrum, de Virxinia. O republicano Robert F. Rich, de Pensilvania, tomou a palabra o tempo suficiente para facer esta consideración: «este é, quizais, o trixésimo proxecto de lei deste tipo que se presenta nesta sesión do Congreso. Seguramente será o comezo da inflación demócrata, e advirto aos membros da Cámara que teñan coidado". Logo dos risos dun sector da cámara e os aplausos do outro, o proxecto tamén foi aprobado sen obxeccións na Cámara de Representantes,"The City of Lynchburg, Va.". En Congressional Record - House. 22 de maio de 1936. Páxinas 7.774-7.775. e coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt o 28 de maio de 1936 converteuse na Lei pública Nº 625, que autorizaba a cuñaxe de 20.000 exemplares do medio dólar do Sesquicentenario de Lynchburg.Kewis, E. A. (1943). "Public - No. 625 - 74th Confress] [S. 4448]". En Laws Authorizing Issuance of Medals and Commemorative Coins. . Páxina 131. Government Printing Office, Washington."Lynchburg, Virginia Sesquicentennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.org).

Preparación miniatura|Retrato do senador Carter Glass en 1901, promotor da moeda e presente no seu anverso."Photograph album, 1901-1902, Virginia Constitutional Convention, Carter Glass ". Virginia Museum of History & Culture (Museumcatalog.virginiahistory.org). O 25 de maio de 1936, cando o proxecto de lei de Lynchburg estaba a piques de se aprobar, o secretario da Asociación do Sesquicentenario, Fred McWane, escribiu a Charles S. Moore, presidente da Comisión Federal de Belas ArtesTaxay, D. (1967). Páxina 211. —que era a encargada por orde executiva do presidente Warren G. Harding en 1921 de emitir ditames consultivos sobre obras de arte pública, incluídas as moedas—.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi. Moore respondeu o día 26 suxerindo que a moeda levase no anverso o retrato de John Lynch, fundador de Lynchburg. McWane contestou o día seguinte afirmando que non se coñecía ningún retrato de Lynch e que a Asociación do Sesquicentenario estaba a estudar outros posibles anversos. Para o reverso, McWane propuxo a explanada monumental da cidade, que era o primeiro que os visitantes podían ver da cidade na súa primeira vista, cando chegaban no tren.Taxay, D. (1967). Páxinas 212, 214.

O 3 de xuño, McWane escribiu a Moore para lle comentar que a Asociación do Sesquisentenario estaba a considerar a posibilidade de encargar o deseño da moeda aos artistas Charles Keck ou John David Brcin. Na súa resposta do día 9, Moore gabou a traxectoria de ambos os artistas, pero eloxiou máis a Keck,Taxay, D. (1967). Páxina 214. quen xa se encargara do deseño do dólar de ouro da Exposición Panamá-Pacífico de 1915 e do medio dólar conmemorativo do Sesquicentenario de Vermont en 1927.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 376. A Asociación do Sesquicentenario atendeu a suxestión de Moore, e McWane notificoulle de camiño a contratación de Keck como deseñador o 1 de xullo. Igualmente, comunicoulle que a súa comisión tomara a decisión de que o senador Glass fose a figura que aparecese no anverso da moeda.

Ao propio Glass non lle pareceu ben a idea de que o seu rostro aparecese nunha moeda, mais foi en van. Chamou por teléfono á Ceca de Filadelfia coa esperanza de que existise unha lei lle prohibise, en tanto que persoa viva, aparecer nunha moeda, pero dixéronlle que non había ningunha normativa ao respecto. O senador declarou: «Esperaba que houbese unha vía de escape».Swiatek, A. (2012). Páxina 351. Segundo o investigador numismático Don Taxay no seu traballo sobre as moedas conmemorativas dos EEUU: «aínda que Glass era o home máis influente de Lynchburg e presidente honorario da Asociación do Sesquicentenario, deuse por vencido irremediablemente».

O 28 de xullo, Mary Margaret O'Reilly, subdirectora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, enviou os modelos en xeso de Keck á Comisión de Belas Artes, que os aprobou o día seguinte.Taxay, D. (1967). Páxina 216. Moore escribiulle a Glass o día 31, predicindo que a representación do senador sería «aprobada tanto polos seus amigos como pola posteridade». Os modelos de Keck enviáronse á compañía Medallic Art Company de Nova York, onde foron reducidos ao tamaño real das moedas e convertidos en matrices para elaborar os cuños da moeda.Bullowa, D. M. (1938). Páxina 149.

Deseño

Anverso