Santa María de Castrelos de Abaixo (até 2026, Castrelo de Abaixo) é unha parroquia do concello ourensán de Riós na comarca de Verín. Segundo o IGE, en 2023 tiña 61 habitantes (28 homes e 33 mulleres), repartidos entre os lugares de Castrelos de Abaixo e A Silva, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 121 habitantes.
Historia O topónimo de Castrelos ("pequenos castros"), así como algúns obxectos atopados nos arredores da poboación, poderían indicar unha continua presenza humana desde época romana. O topónimo é compartido pola parroquia veciña de Castrelos de Cima, e polo monte coñecido como O Castrellón. Nas proximidades tamén se atopa un antigo castro coñecido popularmente como A Cavanca dos Mouros e que foi escavado fai unhas décadas, onde se atoparon diversos obxectos arqueolóxicos.
Na parroquia atópase un camiño de paso que comunica con Portugal e que é coñecido como Portantigo e que a miúdo foi utilizado polos contrabandistas durante tódalas épocas.
Entre 1812 e 1823, Castrelos de Abaixo formou parte do concello de Castrelos, pero a partir de 1835 pasou a formar parte do concello do Riós, que xurdiu coa unión dos anteriores concellos do Riós e Castrelos.
Demografía
Clima e contorno A parroquia e así mesmo o concello do Riós, posúe un marcado clima mediterráneo de montaña e aloxa algunhas especies de flora: aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), escornacabras (Pistacia terebinthus), pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) e fauna: abellaruco europeo (Merops apiaster), anduriña das pontes (Cecropis rufula), gaio azul (Coracias garrulus), osga(Tarentola mauritanica), especialmente raras en Galicia.
Na parroquia de Castrelos de Abaixo atópase Trambolosríos e A Fraga do Curral, lugar onde se cruzan os ríos Mente e Arzoá, de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural de Montesinho en Portugal, e co parque natural do Invernadeiro, no Macizo Central ourensán. A vista dende o monte coñecido como A Fraga do Curral mostra un val de pronunciadas ladeiras e cortados fluviais de filitas.
Festas As festas celébranse en torno ós días 11 e 12 de agosto en honor de Santa María da Asunción, patroa da parroquia.
Lugares e parroquias Lugares de Castrelos de Abaixo
Parroquias do Riós
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós
Ligazóns externas Blog de Castrelos de Abaixo
Categoría:Parroquias do Riós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María