A ponte da illa Russky (en ) é unha ponte atirantada, rematada e inaugurada en 2012, que conecta a illa Russky coa cidade de Vladivostok. Este proxecto forma parte dunha serie de traballos dirixidos á reunión anual da Cooperación Económica Asia-Pacífico, en setembro do mesmo ano. A ponte ficou rematada en xullo de 2012 e foi inaugurada polo daquela primeiro ministro ruso Dmitry Medvedev. O 3 de setembro de 2012, a ponte recibiu o seu nome oficialmente.
Comparación con outras pontes esquerda|miniatura|Comparacións de lonxitudes e alturas das maiores pontes do mundo.|325x325px A data de 2025, é a ponte atirantada máis longa do mundo, a ponte dtipo cos piares máis altos (320,9 m) e segunda ponte de calquera tipo cos piares máis altos do mundo despois do viaduto de Millau.
A súa lonxitude total é de 1885,53 m, e a luz central é de 1104 m (máis longa que a ponte de Sutong na China, que ten 1088 m).
Críticas e apoios A construción da ponte foi criticada pola oposición política rusa. Os críticos argumentaron que o custo de máis de 1.000 millóns de dólares era excesivo e que a infraestrutura estaba sobredimensionada para a poboación da illa, que contaba con só 5.000 habitantes. A capacidade da ponte de 50.000 vehículos diarios contrastaba enormemente co tráfico real, que se mantivo moi por debaixo desas cifras, conducindo a críticas de que a ponte era un "proxecto de vanidade" máis que unha necesidade práctica.
Vladimir Putin en 2007, daquela presidente de Rusia, apoiou publicamente o proxecto e a conferencia APEC como unha mostra do renacemento de Rusia como potencia asiática e para o desenvolvemento da rexión. Con todo, dixo que a organización e a construción da ponte tería uns custos elevados, triplicando os orzamentos de todo o krai de Primorie.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ponte Ponte colgante Ponte atirantada
Categoría:Pontes de Rusia Categoría:Construción Categoría:Enxeñaría civil