Nicolas Léonard Sadi Carnot, nado en París o 1 de xuño de 1796 e finado o 24 de agosto de 1832, correntemente chamado Sadi Carnot (Sadi é o seu único nome propio mencionado no rexistro civil, Nicolas Léonard son nomes de bautismo), foi un físico e enxeñeiro francés.
Traxectoria Non publicou máis que un único libro: Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance ("Reflexións sobre a forza motriz do lume e sobre as máquinas apropiadas para desenvolver esta forza"; París, 1824), no que explica o que sería a obra da súa vida. Nela puxo as bases dunha disciplina enteiramente novidosa, a termodinámica. Naquela altura, o termo non existía, aínda que sería William Thomson, Lord Kelvin, quen o cuñase a mediados do século XIX.
Porén, é Sadi Carnot, quen, a pesar da imprecisión dalgúns dos conceptos que empregou, como a teoría do calórico e o axioma da conservación da calor, creou esta ciencia tan fundamental tanto desde a perspectiva teórica como pola súa fecundidade de aplicacións prácticas. Carnot formulou a exposición razoada do motor térmico e máis os principios básicos segundo os cales calquera central enerxética, calquera automóbil, calquera motor a reacción, é concibido hoxe. Salientabelmente, esta xénese elaborouse cando ningún predecesor definira aínda a natureza e extensión do asunto. Apoiándose en preocupacións puramente técnicas, como o melloramento dos rendementos da máquina de vapor, a evolución intelectual de Sadi Carnot foi orixinal e anunciou evolucións importantes que xurdirían nunha época crucial para a ciencia moderna.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Baleiro Ciclo de Carnot Conservación da enerxía Primeira lei da termodinámica Segunda lei da termodinámica Terceira lei da termodinámica Eficiencia enerxética Entropía James Clerk Maxwell Lord Kelvin Termodinámica
Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1832 Categoría:Nados en París Categoría:Físicos de Francia