Dāne-ye anjīr-e ma'ābed (en ; en ) é un filme de 2024 escrito, coproducido e dirixido por Mohammad Rasoulof. A súa trama céntrase en Iman, un xuíz instrutor do Tribunal Revolucionario de Teherán, quen lidia coa paranoia mentres as protestas políticas a nivel nacional debido á morte dunha moza se intensifican e a súa arma desaparece misteriosamente, o cal fai que desconfíe da súa muller e da súa filla. Está protagonizado por Soheila Golestani, Missagh Zareh, Mahsa Rostami e Setareh Maleki. A narrativa ficticia combínase con imaxes reais das protestas de 2022 e 2023 en Irán, que foron reprimidas violentamente polas autoridades iranianas.

Foi nomeado ós Premios Óscar na 97ª edición dos premios na categoría de mellor filme internacional.

Personaxes Soheila Golestani como Najmeh Missagh Zareh como Iman Mahsa Rostami como Rezvan Setareh Maleki como Sana Niousha Akhshi como Sadaf Amineh Mazrouie Arani como home no coche Reza Akhlaghirad como Ghaderi Shiva Ordooie como Fateme

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Mohammad Rasoulof Categoría:Filmes de Arte France Cinéma Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes ambientados en Teherán