Torsby é un concello sueco no condado de Värmland. A súa capital é a localidade de Torsby.

A área que conforma o concello é bastante accidentada, coas montañas e macizos máis altos que se elevan ata 300 m sobre a contorna. A través do concello flúen os ríos Klarälven, Röjdån e Ljusnan-Mangslidälven.

A principios da década de 2020 a silvicultura e a transformación de materias primas forestais eran as actividades económicas máis importantes do concello.

Dende a década de 1930 o concello foi perdendo poboación, e no ano 2024 Torsby contaba con 11 321 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland