Ilyas Chaira Oihi, nado en Marrocos o 2 de febreiro de 2002, é un futbolista marroquí, que xoga como extremo dereito no Oviedo, da Segunda División, cedido polo Girona.

Traxectoria Nacido en Marrocos, aos seis anos trasladouse á vila catalá de Ripoll xunto cos seus pais e o seu irmán. Comezou a xogar ao fútbol nas rúas, ata que aos 12 anos se anotou nas escolas de fútbol do seu pobo. En 2015 foi fichado polo Girona FC para a súa canteira.

O 7 de abril de 2019 debutou co Girona B na Primeira Catalá e o 9 de setembro de 2020, tras rematar a súa etapa como xuvenil, foi cedido á UD Ibiza, da Segunda División B. Co equipo de Eivisa participou do histórico primeiro ascenso do club á Segunda División, contribuíndo con oito partidos e un gol. Nas seguintes dúas campañas xogou cedido en equipos da nova Primeira Federación, primeiro na UE Costa Brava e logo no San Fernando.

En xullo de 2023, tras marcar 11 goles co Sanfer, renovou o seu contrato co Girona ata 2026, e foi cedido ao Mirandés, da Segunda División. Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Real Oviedo, tamén de Segunda.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Marrocos Categoría:Futbolistas de Marrocos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do UE Llagostera Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Real Oviedo