Federico Sebastián Viñas Barboza, nado en Montevideo o 30 de xuño de 1998, é un futbolista uruguaio que xoga como dianteiro no Real Oviedo, da Segunda División, cedido polo Club León mexicano. É internacional coa selección uruguaia.

Traxectoria

Juventud de Las Piedras Tras comezar a xogar ao fútbol dende neno, abandonou as súas aspiracións deportivas para traballar repartindo carne. Volveu ao fútbol en 2017, cando fichou polo Juventud de Las Piedras, do departamento de Canelones.

Préstamo ao Club América En agosto de 2019 foi cedido por un ano ao Club América mexicano. Debutou na Liga MX o 14 de setembro ante o Universidade Nacional. Saltou ao campo no minuto 77 e 28 segundos despois marcou o único gol do partido. Disputou un total de 11 encontros durante o torneo Apertura, logrando cinco goles, tres deles na fase final do campionato. Marcou en cuartos de final, nas semifinais e tamén na final contra o Monterrey no Estadio Azteca.

Club América O 30 de maio de 2020, anunciouse que o América exercía a súa opción de compra sobre o xogador, que asinou un contrato de cinco anos. Despois de caer en desgraza co equipo durante a tempada 2022/23, na que só foi titular en catro encontros, Viñas comezou a atraer o interese de clubs de todo o país.

León En xuño de 2023 foi traspasado ao Club León, co que asinou un contrato de catro anos. Alí completou unha destacada tempada, marcando 16 goles en 33 partidos de liga, o que o converteu no máximo goleador do torneo Clausura de 2024, empatado a oito goles con Uriel Antuna e Salomón Rondón.

En maio de 2024, mentres estaba concentrado coa súa selección, rompeu o tendón de Aquiles, precisando dunha operación cirúrxica.

O 28 de agosto de 2024 foi cedido ao Real Oviedo, da Segunda División española.

Selección uruguaia Foi incluído na selección sub-23 do Uruguai para o Torneo Preolímpico CONMEBOL 2020. O 25 de xaneiro de 2020 marcou o seu primeiro gol coa súa selección na derrota por 3-2 ante a selección boliviana sub-23.

Debutou coa selección uruguaia absoluta o 16 de novembro de 2023 nas eliminatorias da CONMEBOL, substituíndo a Darwin Nuñez nunha vitoria ante a Arxentina.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club América Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026