A rúa de Venezuela é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Parte da rúa de Vázquez Varela e remata na rotonda onde conflúe na avenida das Camelias e a rúa Marqués de Alcedo, e no seu traxecto atravesa a avenida da Gran Vía. Ten unha lonxitude de 1,1 km.
Igual ca o resto das rúas do arredor, recibe o seu nome do país suramericano.
Trátase dunha vía bidireccional con varios carrís, sen apenas pendente, que funciona como un dos viais do ensanche vigués. Posúe un carril bici, carril bus e varios parques.
Toponimia A rúa de Venezuela recibe o seu nome do país homónimo, igual que as rúas paralelas e perpendiculares da contorna. Así, atopamos paralela á rúa Ecuador, as rúas Ecuador, Brasil, Uruguay ou Bolivia, e perpendiculares rúas coma Cuba ou México.
Recibiu dita denominación no ano 1920.
Edificios senlleiros miniatura|Monumento do Bicentenario de Silverio Rivas na rúa Venezuela. Monumento ao Bicentenario. Colexio Salesiano María Auxiliadora ("Salesianos"). Nº 9. Colexio Maristas. Nº 20.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Plan Palacios
Categoría:Rúas de Vigo