A lenda de Montelongo é unha zarzuela nun acto dividido en dous cadros composta polo compositor vilagarcián Bernardo del Río, con libreto dos tamén vilagarciáns Manuel Rey Posse e Juan Buhigas Diavarrieta. A obra foi composta en 1924 e estreouse ese mesmo ano no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Trátase dunha das poucas zarzuelas galegas conservadas.

Historia A concepción da zarzuela foi obra de tres vilagarciáns: Manuel Rey Posse e Juan Buhigas Diavarrieta, autores do libreto, e Bernardo del Río, compositor da música. A orixe dos autores veríase reflectida na obra, na que está presente en todo momento o castelo de Montelongo, que se adoita identificar co Monte Lobeira, situado na parroquia de András de dito concello.

A obra estreouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela en 1924 coa participación do coro Cantigas e Agarimos baixo a dirección do propio compositor. Os decorados da estrea foron realizados por Camilo Díaz Valiño, pai de Isaac Díaz Pardo, mais perdéronse co paso dos anos.

Logo de ser interpretada en Vilagarcía de Arousa en 1953 A lenda de Montelongo permaneceu seis décadas no esquecemento, ata que o investigador cordobés Javier Jurado a recuperou e, en 2013 o auditorio da capital arousá acolleu de novo unha representación da obra a cargo da Banda Municipal de Música de Vilagarcía de Arousa co Coro Liceo e o grupo Malveiras. Para a ocasión, Pepe Vázquez creou uns decorados que procuraron ser fieis aos orixinais perdidos. A representación coincidiu coa conmemoración do centenario da unión de Vilagarcía co Carril e Vilaxoán.

Personaxes De acordo coa transcrición do libreto realizada por Javier Jurado Luque, atopamos oito personaxes principais, cinco deles con nome, mentres que as tres restantes son referidas como "mozas". As personaxes están encarnadas tanto por cantantes como por actores e actrices. Ademais a zarzuela conta cun coro misto de "fiadeiras" e "mozos".

PersonaxeTesituraTía FolerpaNon cantaMaricaTipleMoza 1Moza 2Moza 3Tío SelmoXanBarítonoPedroTenor cómicoPelayoCoro de "fiadeiras" e "mozos".

Características A lenda de Montelongo está ambientada en Galiza e é unha das poucas zarzuelas galegas conservadas. Como adoita ocorrer coas obras deste estilo, a obra de Bernardo del Río emprega a lingua galega, tanto falada como cantada, e o baile galego aparece en escena como un elemento máis da acción. A obra inclúe cantos fóra do escena.

Argumento A acción ten lugar no tempo de redención dos foros e narra a historia de amor entre un labrego pobre e Marica, pertencente a unha familia de campesiños acomodados que a queren emparellar cun adiñeirado burgués feo e desgarbado chamado Pedro, co castelo de Montelongo no fondo de toda a trama.

Instrumentación A partitura de Bernardo del Río require da utilización de:

Instrumentación de "A lenda de Monte Longo"Madeiras |- | | 2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes en si bemol, 2 fagots. |- | bgcolor="#FFECB2"|Metais 2 trompas, 2 trompetas en si bemol, 3 trombóns.Percusión |- | | Tambor, timbais, pratos, bombo. |- | bgcolor="#FFECB2"|Cordas Violíns primeiros e segundos, violas, violonchelos, contrabaixos

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos ¡Non máis emigración! O zoqueiro de Vilaboa

Categoría:Zarzuelas galegas Categoría:1924 en Galicia