Celestino Cavedoni, nado en Castelvetro di Módena, Módena, o 17 de maio de 1795 e finado en Módena o 26 de novembro de 1865, foi un sacerdote católico, numismático, arqueólogo e epigrafista italiano.
Cavedoni foi bibliotecario e conservador do Museo Numismático de Módena. Lixeiramente posterior a Ennio Quirino Visconti e a Domenico Sestini, e contemporáneo de Bartolomeo Borghesi, foi un dos máis insignes arqueólogos e numismáticos italianos da primeira parte do século XIX.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Venanzio Celestino Cavedoni naceu en 1975 na localidade de Levizzano Rangone, no municipio modenés de Castelvetro di Módena. Foi un dos catro fillos de Cristina Franchini e de Giorgio Giuseppe Cavedoni,Luppi, C. (1891). Páxina 507. un granxeiro e comerciante de peles de posición social acomodada.Parente, F. (1979).
Comezou nunha escola pública da súa vila natal a súa formación en Gramática Latina, e de aí pasou a finais de 1809 ás escolas San Giovanni Battista, en Módena, onde estudou Retórica e Humanidades. Aos doce anos, en maio de 1807, decidiu tomar os hábitos en Levizzano, e o 30 de outubro de 1811 ingresou no seminario episcopal, onde cursou estudos de Filosofía e Teoloxía, e ordenouse sacerdote o 20 de decembro de 1817.
Ao mesmo tempo, atraído tamén pola filoloxía clásica, aprendeu grego clásico e hebreo, e cursou estudos de Literatura Antiga e Arqueoloxía na Universidade de Boloña entre 1816 e 1820, aínda que estes non o conduciron á consecución de ningún título. Durante os catro anos que estivo na universidade introduciuse tamén na numismática, da man de mestres como Filippo Schiassi e Giuseppe Mezzofanti,Cesano, S, L. (1931). e a través da lectura da obra Doctrina numorm veterum de Joseph H. Eckhel.Luppi, C. (1891). Páxina 508.
Carreira como erudito Os profesores Schiassi e Mezzofanti recomendaron a Cavedoni para ser o conservador e o ilustrador da colección de moedas que o príncipe doara á biblioteca ducal, a Biblioteca Estense. Como resultado, o 14 de decembro de 1820 foi nomeado conservador axudante desta biblioteca e director do Museo Real, e en 1833 bibliotecario adxunto, con especial responsabilidade sobre a sección numismática e de antigüidades. O 30 de setembro de 1847 foi ascendido ao cargo de prefecto da Biblioteca Estense e director do Real Gabinete de Medallas.
Os seus coñecementos do idioma grego e da paleografía grega permitíronlle ler e publicar os manuscritos da Biblioteca Estense.
En 1823 comezou coa súa primeira publicación numismática, e a partir de entón dedicouse por completo ao estudo das moedas antigas, o que deu lugar a varios centos de artigos e colaboracións nesta disciplina. No propio 1823 comezou a súa correspondencia con Bartolomeo Borghesi, con quen colaborou ata a morte deste en 1860. Luppi, C. (1891). Páxina 509.miniatura|270x270px|Palacio dos Museos, en Módena, sede da Biblioteca Estense.Unha das súas obras máis senlleiras, Numismatica Biblica, ossia diclnarazione delle Monete antiche memorate nelle sante scriture (Módena, 1850),Véxase "(1850)" en "Publicacións". xunto co seu Appendice de 1855,Véxase "(1855)" en "Publicacións". fixérono merecedor do premio de numismática da Academia de Francia.Luppi, C. (1891). Páxina 510.
En 1830, Cavedoni foi nomeado profesor de Sagrada Escritura e lingua hebrea na Universidade de Módena, e en 1848 foi decano interino da Facultade de Teoloxía desa universidade.
Así mesmo, cando o Goberno francés convocou un grupo de eruditos para ordenar a obra completa de Bartolomeo Borghesi en 1860 de cara á súa publicación, a expensas de Napoleón III, Cavedoni foi un dos poucos eruditos estranxeiros en formar parte desa comisión.Luppi, C. (1891). Páxina 513.
Cavedoni finou en Módena o 26 de novembro de 1865, aos 71 anos. Xunto co seu testamento, deixara encadernada o 5 de decembro de 1848 a súa correspondencia literaria e arqueolóxica, así como unha listaxe dos seus estudos sobre antigüidades e un exemplar da Doctrina numorum de Eckhel.
Honras e entidades eruditas
Entidades das que formou parte Ao longo da súa traxectoria como erudito, Cavedoni foi membro dun bo número de entidades académicas e sociedades eruditas, entre as que cómpre salientar as seguintes (engádese o ano de ingreso):Bortolotti, P.; Masinelli, A. et al. (1866). Páxina 38.
1821. Real Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Módena. 1834. Academia de Turín (membro de número en 1862)."Celestino Cavedoni". Accademia delle Scienze di Torino (Accademiadellescienze.it). 1835. Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía. 1837. Sociedade Española de Numismática. 1842. Instituto de Francia. 1844. Real Academia Española de Arqueoloxía e Xeografía. 1845. Academia Real das Ciencias de Berlín. 1845. Real Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Padua. 1846. Sociedade Literaria de Lión. 1849. Simpemenia Rubiconia dei Filopatridi di Savignano'. 1851. Ateneo das Ciencias, as Letras e as Artes de Bassano. 1851. Academia Pontaniana de Nápoles. 1853. Academia Spoletina. 1854. Real Academia das Ciencias de Gotinga. 1855. Academia Etrusca de Cortona. 1858. Academia dos Quirites de Roma. 1860. Deputación de Historia Patria (presidente). 1861. Real Instituto Lombardo das Ciencias, as Artes e as Letras.
Honras e recoñecementos Estas son algunhas das honras recibidas por Cavedoni ao longo da súa traxectoria:
1842. Medalla de Ouro de Austria. 1851: Premio Louis Allier, da Académie des Inscriptions et Belles Lettres. 1852. Membro da Nobreza de Módena. 1856. Cabaleiro da Real Orde da Aguia Estense. 1857. Camareiro Secreto da Súa Santidade. 1860. Cabaleiro da Orde Civil de Savoia. 1861. Cabaleiro da Lexión de Honra. 1862. Oficial da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro. Publicacións
Esta é unha escolma da abundante obra publicada por Celestino Cavedoni ao longo da súa traxectoria:"Lista bibliografica per ordine de date degli scritti numismatici o più importanti di Monsignor Celestino Cavedoni". Luppi, C. (1891). Páxinas 514-524."Ouvrages et articles sul la numismatique publiés par Celestino Cavedoni". En Witte, J. de (1867). Páxinas 15-92. Bortolotti, P. "Elenco delle opere e de'minori scritti editi di Monsignor Celestino Cavedoni". En Bortolotti, P.; Masinelli, A. et al. (1866). Páxinas 52-187."Catalogo delle opere a stampa di monsignor Celestino Cavedoni". En Cappelli, A. (1966). Páxinas 11-16.
(1828). Dichiarazione degli antichi Marmi Modenesi. G. Vicenzi, Módena. (1829). Saggio di osservazioni sulle medaglie di famiglie romane. Soliani, Módena. (1835). Biografia del cavaliere Ab. Giambatista Zannoni. Reale Tipografía, Módena. (1838). Spicilegio numismatico, o sia Osservazioni sopra le monete antiche. Reale Tipografía, Módena. (1839). Atti dei tre santi martiri Taraco, Probo e Andronico. Soliani, Módena. (1841). Congetture sopra alcuni specchi etruschi. R. D. Camera, Módena. (1842). Indicazione dei principali monumenti antichi del Reale Museo Estense del Catajo. Soliani, Módena.. (1842). Osservazioni sopra un sepolcreto etrusco scoperto nella collina modenese. Soliani, Módena. (1843). Osservazioni sopra le monete antiche della Cirenaica. Soliani, Módena. (1844). Ricerche storiche intorno ai Trovatori Provenzali. Soliani, Módena. (1846). Dell'origine ed incrementi dell'odierno R. Museo Estense delle Medaglie. Soliani, Módena. (1846). Cenni critico-archeologici intorno al monumento romano d'Igel. Soliani, Módena. (1846). Di alcune monete antiche degli ultimi re della Tracia. Soliani, Módena. (1847). Dichiarazione di tre antiche stauroteche. Soliani, Módena. (1848). Annotazioni al Corpus inscriptionum graecarum. Soliani, Módena. (1848). L'era de' martiri o sia di Diocleziano. Soliani, Módena. (1850). Numismatica biblica o sia dichiarazione delle monete antiche memorate nelle Sante Scritture. Soliani, Módena. (1855). Appendice alla numismatica biblica. Soliani, Módena. (1859). Ragguaglio critico di alquante incrizioni cristiane scoperte nell'Algeria. Soliani, Módena.
(1861). La canzone di Francesco Petrarca in lode della beatissima Virgine Maria. (1862). Souvenirs de l'ancienne église d'Afrique. Ruffet, París. (1863). Saggio critico intorno alla critica ipercritica di Ernesto Renan [...] nela sua Vie de Jésus. Im. Concezione, Módena. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bertaux, E. (1886). "Cavedoni (l'abbé Celestino)". En La Grande Encyclopédie, inventaire raisoné des sciences, des lettres et des arts. Tomo 9. Lamirault, París. Bortolotti, P.; Masinelli, A. et al. (1866). Notizie intorno alla vita ed alle opere di Monsignor Celestino Cavedoni Con appendice di suoi lettere ed altre cose inedite. Imm. Concezione, Módena. Cappelli, A. (1966). Necrologia di Mons. Celestino Cavedoni. 2ª ed. C. Vicenzi, Módena. Cesano, S, L. (1931). "Cavedoni, Celestino". En Enciclopedia Italiana. Istituto della Enciclopedia Italiana. Cohen, H. (1865). "Modène. Celestino Cavedoni, mort le 29 novembre 1865". Annuaire de la Société française de numismatique et archéologie. Ano I. París, 1866. Páxinas 363-364. Luppi, C. (1891). "Vite di illustri Numismatici Italiani: Celestino Cavedoni". En Rivista italiana di numismatica. Páxinas 507-524. M'Clintock, J.; Strong, J. (1885). "Cavedoni, Celestino". En Cyclopaedia of biblical. theological and ecclesiastical literature. Supl. Vol. I. Harper & Bro., Nova York.Páxina 856. Parente, F. (1979). "Cavedoni, Venanzio Celestino". En Dizionario Bibliografico degli italiani. Vol. 23. Weber, N. A. (1913). "Celestino Cavedoni". En Herbermann, Charles (ed.). Catholic Encyclopedia. Nova York. Witte, J. de (1867). Notice sur Celestino Cavedoni. E. Thunot. París.
Categoría:Nados en 1795 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Nados na provincia de Módena Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Profesores da universidade de Módena e Reggio Emilia Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Escritores en lingua italiana