Älmhult é un concello sueco no condado de Kronoberg. A súa capital é a localidade de Älmhult.
Tradicionalmente, as industrias da pedra e da madeira foron industrias básicas, pero máis tarde xurdiu o grupo Ikea que agora é o maior empregador do concello.
Dende os anos 70 a poboación do concello mantívose bastante estable , con entre 15 000 e 16 000 habitantes. Porén, na década de 2010 a tendencia comezou a ser positiva e en decembro de 2024 o municipo contaba con 17 653 habitantes.
Xeografía O concello de Älmhult atópase no sur do condado de Kronoberg e limita ao sur cos concellos de Ostby, no condado de Escania, e Olofström, no de Blekinge. Tamén limita ao sueste co municipio de Tingsryd, ao nordés co de Alvesta, ao noroeste co de Ljungby, e ao oeste co de Markaryd, todos eles en Kronoberg.
A natureza de Älmhult cambia dnde unha zona excepcionalmente montañosa con rochas no sueste a unha paisaxe exuberante cun leito rocoso de diabase no norte.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kronoberg