O río Dobra é un río de montaña do norte da Península Ibérica que nace na parte setentrional da provincia de León, no porto de Dobres, e discorre case na súa totalidade pola zona centro-oriental de Asturias. É un afluente pola dereita do río Sella e ten unha lonxitude de 24,3 km..
Etimoloxía Segundo E. Bascuas, "Dobra" é unha forma derivada do protocelta *dubra 'auga'.Cf. páx. 531 de "La Hidronimia de Galicia: tres estratos ..". Da mesma opinión é, así mesmo, Xosé Lluis García Arias, no céltico *dubra ou *dubro, co significado de "auga" ou "corrente de auga".
Notas
Véxase tamén
Categoría:Afluentes do Sella Categoría:Ríos de Asturias Categoría:Ríos de Castela e León