A rúa de Rosalía de Castro é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Comeza na intersección da rúa Marqués de Valadares coa rúa de Colón, e termina confluíndo nunha rotonda coa rúa de García Barbón. Ten unha lonxitude de 700 metros.
Historia miniatura|Salinas no Centro Arqueolóxico de Salinae. A rúa de Rosalía de Castro é unha vía relativamente recente, proxectada a finais do século XX. Porén, foi xa proxectada a principios do século XX por Ramiro Pascual e Manuel Cominges.
Existen antecedentes dun camiño que unía Vigo con Redondela onde actualmente está construída a rúa Rosalía de Castro, o que poderíamos considerar o seu precursor. Tratábase dun camiño que bordeaba o mar e no que apenas había construcións, agás algunha vivenda de familias catalás que se instalaron na cidade co auxe da explotación conserveira e da sardiña.
Finalmente, en 1989, aprobouse a conceptualización da rúa no Plan Especial de Reforma Interior de Vigo (PERI). En 1993, con Carlos Príncipe como rexedor da cidade, apróbase o Plan de Reordenamento Xeral Urbano de 1993 (PXOU93). Así, finalmente un ano despois, en 1994, comeza a súa construción por tramos. En 1995 inaugurouse un segundo tramo até a rúa Oporto, e finalmente en 2011 rematouse o último tramo ata a rotonda de García Barbón.
A rúa está situada sobre un antigo asentamento romano, concretamente unhas salinas, o que obrigou á modificación do proxecto orixinal da rúa. Ademais, creouse un museo denominado Centro Arqueolóxico de Salinae. En 2006, no transcurso das obras da rúa, atopáronse tamén un áncora de pedra e varias pezas cerámicas.
Toponimia A rúa recibe a súa denominación da escritora galega Rosalía de Castro.
Morfoloxía e urbanismo miniatura A rúa ten unha lonxitude de 700 metros e posúe catro rotondas. Cada unha delas ten unha estatua: Monumento a Rosalía de Castro. Olivo centenario. Instalado en 2015, procedente da Serra de Cádiz. Monumento Como chove miudiño, de Forcarei, que representa unha pinga de choiva e que toma o seu nome dun poema de Rosalía. Ciberfonte de Rosalía de Castro, cunha pantalla LED instalada en 2017.miniatura|Centro de Saúde da rúa Rosalía de Castro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rosalía de Castro Avenida de Castelao (Vigo)
Categoría:Rúas de Vigo