Tjörn é un concello sueco no condado de Västra Götaland. Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Gotemurgo e Bohus. As úa capital e localidade máis grande é Skärhamn.

O muncipio está formado pola illa de Tjörn e 1 500 illas, illotes e cons que a rodean, a meirande parte desabitados. A illa principal está cortada por amplas baías e está atravesada por unha gran cantidade de vales de fractura. Os fondos dos vales están cheos de arxila e úsanse como terras de cultivo e pasto.

A actividade económica local tivo unha forte conexión coa situación xeográfica do concello no mar. Entre estas industrias no municipio hai navieiras, estaleiros, industria conserveira de peixe e de operacións portuarias.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia poboacional foi positiva, cun rápido crecemento da poboación ata mediados dos anos 90. En decembro do ano 2024 o municipio tiña 16 092 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland