The Tomorrow War é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Chris McKay, escrito por Zach Dean e protagonizado por Chris Pratt. Foi producido por David Ellison, Dana Goldberg, Don Granger, David S. Goyer, Jules Daly e Adam Kolbrenner, cun elenco secundario que contaba con Yvonne Strahovski, J. K. Simmons, Betty Gilpin, Sam Richardson, Edwin Hodge, Jasmine Mathews, Ryan Kiera Armstrong e Keith Powers. Segue a historia dunha mestura de soldados reais e civís enviados ao futuro para loitar e deter un malvado exército alieníxena.
Personaxes Chris Pratt como James Daniel "Dan" Forester Jr. Yvonne Strahovski como Coronel Muri Forester Ryan Kiera Armstrong como Muri Forester de mozo J. K. Simmons como James Daniel Forester Betty Gilpin como Emmy Forester Sam Richardson como Charlie Edwin Hodge como Dorian Jasmine Mathews como Tenente Hart Keith Powers como Comandante Greenwood
Estrea O filme estaba programada inicialmente para estrearse o 25 de decembro de 2020 por Paramount Pictures, pero por mor da pandemia de COVID-19 foi reprogramada para o 23 de xullo de 2021, tomando a data de estrea de Mission: Impossible - Dead Reckoning Part One, e despois retirouse de novo da programación. En xaneiro de 2021, Amazon Studios estaba en conversas finais para adquirir o filme por uns 200 millóns de dólares. En abril de 2021, Amazon anunciou que adquirira oficialmente o filme e lanzouno en Amazon Prime Video en todo o mundo o 2 de xullo de 2021.
Notas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris McKay Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes de Skydance Productions Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados na República Dominicana Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en Siberia Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes ambientados en 2023 Categoría:Filmes ambientados en 2051 Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América